top of page

PREVIA X7 PRIMEIRA DIVISIÓN FS | ATP Iluminación Ribera Navarra FS - Noia Portus Apostoli FS | A reatopar a senda do triunfo en Tudela

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Oct 24, 2025
  • 3 min read
Venres, 24/10/2025 · 14:18h · Imaxe: Foto Pichero | Os noieses finalizan unha dura semana de dobre partido visitando unha cancha que se lles dá historicamente ben (sáb. 25/10, 18:00h. TV: LALIGA+).
Venres, 24/10/2025 · 14:18h · Imaxe: Foto Pichero | Os noieses finalizan unha dura semana de dobre partido visitando unha cancha que se lles dá historicamente ben (sáb. 25/10, 18:00h. TV: LALIGA+).

Cinco días despois de visitar Son Moix, o Portus Apostoli volve a facer as maletas. Neste caso, para enfrontarse o sábado 25 ás 18:00h ao ATP Iluminación Ribera Navarra FS no Municipal Ciudad de Tudela, onde gañou en todos e cada un dos seus tres anteriores desprazamentos, pola 7ª xornada ligueira.


Os de David Palmas ansían aumentar esa xeira no feudo tudelano para rematar da mellor maneira posible unha esixente semana, que comezou cun duro e excesivo golpe o luns en Palma, no adiantado da xornada 9. Durante uns 35 minutos, os noieses completaron un gran partido, avanzándose ata en catro ocasións no electrónico. Pero a pegada do tricampión de Europa e bicampión do Mundo no tramo final foi demasiado.


Unha semana sen apenas respiro | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Unha semana sen apenas respiro | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

Coa páxina pasada e a lección aprendida, o equipo noiés -que non poderá contar con Douglas, sancionado con 1 partido- tivo desde o mércores para recuperarse do esforzo e preparar a importante cita deste sábado, ante un rival co que os últimos cursos compartiu pelexa pola permanencia. As que non decaen son a ilusión e a confianza, que tamén levarán da súa parte a vintena de afeccionados que se desprazarán desde a Vila y poñerán as súas gorxas a disposición do seu equipo.


Os laranjas buscan a reacción


O ATP Iluminación Ribera Navarra FS chega a esta sétima xornada penúltimo na táboa, con tan só 2 puntos e sen coñecer aínda a vitoria. O conxunto tudelano foi un dos más activos en verán, incorporando a Daniel Ibañes ao banco e a xogadores da talla de Chino, Fabinho, Mykytiuk e Pablo Otero para unirse aos Terry, David García, Lahuerta, Raúl Jiménez ou o ex noiés João Batista, entre outros. A intención: dar un paso adiante na táboa. Por iso, os laranxas afrontan este duelo como unha ‘final’ de cara a escapar da zona vermella e comezar a mirar cara arriba.



Declaracións previas


O desprazamento

Tras completar no Agustín Mourís a última sesión previa ao encontro, os noieses subiranse ao bus dirección Castejón, onde chegarán ao seu hotel de concentración sobre as 22:00h.


Emisión en directo

O duelo contará coa emisión en directo e en exclusiva a través de LALIGA+ (baixo subscripción), por web e app, este sábado 25 a partir das 18:00h.


Árbitros

Alberto Sarabia Eguiluz (comité rioxano) e Antonio Pablo Navarro Rodríguez-Villán (comité castelán-leonés). Balance con esta parella dunha derrota.


Precedentes (balance oficial: 5V-0E-2D)

·10 de decembro de 2013 | Oitavos de final Copa do Rei FS 2013/2014 | NPA 0-5 ARN


·1 de outubro de 2022 | X3 Primeira División FS 2022/2023 | ARN 2-3 NPA


·28 de xaneiro de 2023 | X18 Primeira División FS 2022/2023 | NPA 3-2 ARN


·15 de novembro de 2023 | X11 Primeira División FS 2023/2024 | NPA 2-1 ARN


·6 de abril de 2024 | X26 Primeira División FS 2023/2024 | ARN 2-7 NPA


·12 de outubro de 2024 | X1 Primeira División FS 2024/2025 | NPA 0-1 ARN


·15 de febreiro de 2025 | X17 Primeira División FS 2024/2025 | ARN 0-3 NPA

Comments


bottom of page