top of page

PREVIA X7 | Noia Portus Apostoli FS-Family Cash Alzira FS | Reválida na casa

Os noieses tratarán de recuperarse do pau do pasado mércores coa segunda cita consecutiva como locais desta semana (sábado 21/10, 13:00h), na que reciben ao pechacancelas.
Jorge González Moreta e Luis Sánchez Chamorro, ambos do colexio madrileño, arbitrarán o duelo, que se poderá seguir en directo pola web e app de FEF TV.

Machado, de costas, co balón nun adestramento (foto: Manuel Lorenzo)

Segunda oportunidade para o Noia Portus Apostoli FS, que tres días despois da dolorosa derrota contra o Servigroup Peñíscola, volverá a xogar este sábado 21 ás 13:00h no Agustín Mourís en busca da súa primeira vitoria como local, co Family Cash Alzira FS diante, en partido da xornada 7 da Primera División Fútbol Sala.

O do mércores foi unha xerra de auga fría para os noieses que, sen tiempo para laiarse, asumen o determinante do encontro ante os alzireños. Un rival directo, a importancia de desbloquear a seca na casa, o sumar antes dun tramo esixente... son algúns dos motivos que se plantan no horizonte do Portus Apostoli este sábado, día no que Tomás de Dios non poderá contar con Rufino, sancionado, nin Attos, arrastrando aínda molestias da lesión que non lle permite coller continuidade. En cambio, Matheus Preá podería formar parte da lista definitiva, nunha semana na que se reincorporou aos adestramentos co grupo.

Con 4 puntos e 1 vitoria chega necesitado o Noia a este encontro, pero non menos o Family Cash Alzira FS. Os de Braulio Correal, que realizan o seu debut na categoría de ouro nacional, son últimos na táboa cun punto no seu casilleiro, obtido no empate contra Osasuna Magna na xornada 4. No seu último compromiso, a punto estiveron de rascarlle outra unidade ao Viña Albali Valdepeñas, que fixo o 2-3 definitivo no último minuto. Os da Ribera Alta xuntan no seu plantel experiencia en Primera como Fede, Rafa Usín, Carlitos ou Humberto, e talento xoven da talla de Gon Castejón, Carlos, Hugo Alonso ou os dous ex noieses, Álex Naranjo e Joaki.

Máis que tres puntos en xogo este sábado no Agustín Mourís, no horario pouco habitual das 13:00h. O empeño, a obsesión por lograr ese primeiro triunfo que regalar á súa afición segue perseguindo a un Noia Portus Apostoli FS consciente de que debe algo aos seus.


 
Declaraciones previas



Emisión en directo

El partido se emitirá en directo por FEF TV este sábado 21 a partir de las 13:00h.

Árbitros

Los madrileños Jorge González Moreta y Luis Sánchez Chamorro. Una victoria, un empate y dos derrotas con González Moreta, una victoria y una derrota con Sánchez Chamorro.

Precedentes

·28 de septiembre de 2019 | J3 Segunda División 2019/2020 | ALZ 3-4 NPA

·25 de enero de 2020 | J18 Segunda División 2019/2020 | NPA 2-2 ALZ

·11 de septiembre de 2021 | J1 Segunda División 2021/2022 | ALZ 2-4 NPA

·8 de enero de 2022 | J18 Segunda División 2021/2022 | NPA 3-2 ALZ

Commenti


bottom of page