Venres, 15/11/2024 · 13:45h · Imaxe: Foto Pichero | Os noieses, que buscan a súa primeira vitoria do curso, inician este sábado 16 ás 18:00h en terras peñiscolanas un tramo de dúas semanas seguidas con dobre compromiso.
Co foco posto en lograr o primeiro triunfo da temporada, o Noia Portus Apostoli FS visita este sábado 16 ás 18:00h na sexta xornada ligueira ao Servigroup Peñíscola FS, no que significará o punto de saída a un conxestionado período de calendario, con cinco partidos nos vindeiros catorce días.
Tampouco ante o Barça se rompeu a seca, a pesar do empeño e a ilusión despregadas no Mourís por equipo e afección. Cinco xornadas sen coñecer a vitoria e con só 1 punto no casilleiro, a pesar do moito ben feito polos noieses, que non perden nin un gramo de confianza no traballo nin de esforzo no día a día por dar a volta á tortilla dos resultados.
Nesas, os brancos afrontan a viaxe ao Juan Vizcarro como unha nova oportunidade para facelo. Para iso terán que superar a un dos conxuntos máis fortes como locais. Os de Santi Valladares levan a cabo o seu xogo frenético en ataque á perfección no seu feudo, onde o curso anterior lograron 7 dos seus 9 triunfos totais, mentres no presente derrotaron por 8-4 a Osasuna Magna no único encontro previo. A semana pasada regresaron á competición, tras aprazarse o seu enfrontamento da cuarta xornada polos efectos da DANA, cunha axustada vitoria por 1-2 na cancha do WANAPIX Sala 10.
Veñen dúas semanas de altísima esixencia, con compromisos moi duros e a apertura dunha nueva competición. Afrontalas deixando atrás este difícil inicio de curso cun desexado triunfo será un bo primeiro paso para que o Portus Apostoli poida revertir este contexto o antes posible.
Declaracións previas
O desprazamento
A expedición noiesa puxo rumbo ao seu hotel de concentración en bus na tarde do xoves, alcanzando o seu destino o venres a primeira hora da mañá.
Emisión en directo
O encontro emitirase en directo e en exclusiva a través da plataforma de pago FEF TV, en web e app, este sábado 16 ás 18:00h.
Árbitros
Carlos Rodrigo Miguel e Fermín Ángel Sánchez-Molina Tapiador, do comité castelán-manchego. Balance dunha vitoria e dúas derrotas con esta parella.
Precedentes
·6 de novembro de 2021 | X10 Segunda División FS 2021/2022 | PEÑ 4-1 NPA
·12 de marzo de 2022 | X27 Segunda División FS 2021/2022 | NPA 2-2 PEÑ
·18 de outubro de 2023 | X6 Primeira División FS 2023/2024 | NPA 2-5 PEÑ
·2 de marzo de 2024 | X21 Primeira División FS 2023/2024 | PEÑ 5-3 NPA
Comments