top of page

PREVIA X6 | Noia Portus Apostoli FS-Servigroup Peñíscola FS | Obxectivo: estrearse na casa

Despois de lograr o primeiro triunfo da temporada en Valdepeñas, os noieses intentarán prolongar a boa dinámica buscando a primeira vitoria no Mourís, na xornada intersemanal deste mércores 18 ás 20:00h.
Os colexiados Alberto Carrión Álvarez, manchego, e Jorge Moreno Durán, madrileño, dirixirán o encontro, con emisión en directo pola web e app de FEF TV.

Edu Jabá executa un pase ante Pau nun adestramento (foto: Manuel Lorenzo)

A semana de dobre partido no Agustín Mourís arranca para o Noia Portus Apostoli FS este mércores ás 20:00h, cando recibirá ao Servigroup Peñíscola FS na intersemanal xornada 6 da Primera División Fútbol Sala.

En Valdepeñas chegou a primeira vitoria ligueira dos noieses, xusto a tempo para coller un punto de confianza e tranquilidade de cara a este importante tramo do curso que segue co dobre envite como local, mañá ante Servigroup Peñíscola e sábado contra Family Cash Alzira, os dous chegados de Segunda esta campaña. Pero os de Tomás de Dios, que recupera a Edu Jabá tras regresar de Brasil pola súa paternidade, céntranse polo momento soamente no enfrontamento cos peñiscolanos, que pouco ten de recentemente ascendido.

Ao igual que fixera o Noia de Marlon Velasco na 21/22, o Servigroup Peñíscola de Santi Valladares arrasou na categoría de prata a pasada temporada, gañando 27 partidos, empatando 2 e perdendo só 1, ao que sumou o chegar a semis de Copa do Rei. Desa maneira, os da provincia de Castellón regresaron á elite tras dous anos en Segunda, e para esta 23/24 presentan un plantel practicamente idéntico. O nipón Shunta Uchida foi a única incorporación estival dun Peñíscola no que destacan os Pani, Diego Quintela (ambos con 5 goles no seu haber), Juanqui, Aicardo, Diego Sancho, José Mario ou Luciano Gauna, entre outros, nun cadro que se coñece á perfección e estao amosando neste inicio. 2 vitorias, ambas en casa, e 1 empate en Valdepeñas colócano 9º con 7 puntos. A pasada fin de semana encaixaron a súa primeira derrota como local ante Quesos el Hidalgo Manzanares FS (5-6) tras un largo período só coñecendo o triunfo.

O mesmo que, por fin, atopou o Portus Apostoli o pasado sábado e do que, agora, non quere separarse. Unha misión persegue esta semana aos brancos, é a de iniciar unha boa dinámica conseguindo a primeira vitoria no Agustín Mourís, diante dunha afección noiesa desexosa de gritar de alegría cos seus.


 
Declaracións previas




Emisión en directo

O partido emitirase en directo por FEF TV este mércores 18 a partir das 20:00h.

Árbitros

O manchego Alberto Carrión Álvarez e o madrileño Jorge Moreno Durán. En Primeira,1 empate en 1 partido dirixido por Carrión Álvarez, mentres que con Moreno Durán o balance é de 1 vitoria e 2 derrotas, todos eles a temporada pasada.

Precedentes

·6 de novembro de 2021 | X10 Segunda División 2021/2022 | PEÑ 4-1 NPA

·12 de marzo de 2022 | X27 Segunda División 2021/2022 | NPA 2-2 PEÑ

bottom of page