top of page

PREVIA X4 | Noia Portus Apostoli FS-Barça | Resarcirse ante o campión

O cadro noiés intentará dar a sorpresa e recompoñerse da inxusta derrota en Pamplona, coa visita dun dos mellores equipos do mundo e defensor do título ligueiro (sábado 30/09, 18:00h).
O partido estará dirixido polo vasco Eder Gómez de Salazar e o madrileño Luis Manuel Manso Martín, e emitirase a través da plataforma online FEF TV e Esport3.

Power Raggiati e Rufino pugnan por un balón durante un adestramento (foto: Manuel Lorenzo)

Non será tarefa sinxela, pero tampouco será por non intentalo. Unha semana despois do que sucedeu en Pamplona, o Portus Apostoli buscará novamente a ansiada primeira vitoria ligueira ante todo un Barça, en partido da cuarta xornada da Primera División Fútbol Sala.

Do de Anaitasuna non saiu só o Noia frustrado e indignado por razóns obvias, senón que ademais regresou con lastre en forma de sancións e molestias. Lluc perderase o duelo pola vermella directa que lle ensinaron Simón Benet e López Galiano, mentres que Henrique e Pola terminaron con doenzas físicas. Pero non todo son malas novas, xa que Nico Sarmiento e Machado reincorporáronse aos adestramentos co grupo esta semana, na que tamén se uniu Jorge González, o cuarto xogador do Filial en facelo xunto a Pau, Pablo e Iván.

Non, no será tarea sencilla derrocar a un todopoderoso del fútbol sala mundial, pero el Agustín Mourís empujará para ser el sexto hombre en la misión. El feudo noiés presentará un lleno hasta la bandera acorde a la cita y a las ambición de un equipo y afición deseosos de conseguir el primer triunfo de la temporada. Y si ya se pudo vencerles antes...ademais dos reforzos deste verán, o luso Erick e Álex Yepes. Os culés chegarán a Noia 4º na táboa con 7 puntos e tras caer o pasado martes na pista do Mallorca Palma Futsal por 5-4, en partido adiantado da xornada 8.

Non, non será tarefa sinxela derrocar a un todopoderoso do fútbol sala mundial, pero o Agustín Mourís empuxará para ser o sexto home na misión. O feudo noiés presentará un cheo ata a bandeira acorde á cita e á ambición dun equipo e afección desexosos de conseguir o primeiro triunfo da temporada. E se xa se puido vencelos antes...



 

Declaracións previas





Emisión en directo

O partido emitirase en directo por FEF TV e Esport3 este sábado 30 a partir das 18:00h.

Árbitros

O vasco Eder Gómez de Salazar e o madrileño Luis Manuel Manso Martín. Será a primeira vez que dirixan un partido do Portus Apostoli en Primera División Fútbol Sala. Gómez de Salazar si o fixo en Segunda.

Precedentes

·5 de novembro de 2022 | X7 Primeira División 2022/2023 | NPA 2-4 FCB

·11 de marzo de 2023 | X22 Primeira División 2022/2023 | FCB 3-4 NPA

Comments


bottom of page