top of page

PREVIA X30 PRIMEIRA DIVISIÓN FS | Movistar Inter FS - Noia Portus Apostoli | Punto e final

  • 2 hours ago
  • 3 min read
Venres, 15/05/2026 · 16:41h · Imaxe: Foto Pichero | Co recordo do curso pasado aínda presente, os noieses volven a concluír a Liga en Torrejón (sáb. 16/05, 13:00h. TV: LALIGA+).
Venres, 15/05/2026 · 16:41h · Imaxe: Foto Pichero | Co recordo do curso pasado aínda presente, os noieses volven a concluír a Liga en Torrejón (sáb. 16/05, 13:00h. TV: LALIGA+).

E case sen darnos conta, chega o último. O Noia Portus Apostoli FS despide a temporada 2025/2026 este sábado 16 ás 13:00h, coa disputa da 30ª e definitiva xornada da Liga regular de Primeira División FS. O rival e o escenario, ao igual que nas dúas anteriores conclusións, serán o Movistar Inter FS e o xa para sempre especial Pavillón Jorge Garbajosa de Torrejón de Ardoz.


Nin un ano pasou aínda desde que os noieses conseguiran no feudo interista unha tan agónica como incrible permanencia. Esta vez, o contexto é moi distinto ao de aquel 3-3 co que se asinou a continuidade na elite apenas por diferenza de goles. O equipo de David Palmas, 10º con 39 puntos, alcanza o peche ligueiro coa tranquilidade do obxectivo logrado hai varias semanas (salvados a cinco datas do final) e sen nada máis en contenda clasificatoria nesta xornada de horario unificado que o poder terminar novenos, co soño do PlayOff xa descartado matematicamente, e redondear unha temporada histórica en canto a termos de puntuación.


O porteiro xuvenil Cristian, na lista | Imaxe: Foto Pichero
O porteiro xuvenil Cristian, na lista | Imaxe: Foto Pichero

As baixas continúan sendo protagonistas neste último compromiso do curso. Ás ausencias de Leozin, Rubi, Peixe, Altamirano e Diego únese Schütt, o que abre aínda máis o abanico de presenza de xogadores do Filial e Xuvenil DH, en especial na portería, con Iván y Cristian como metas desprazados. Unha nova oportunidade para que os que veñen apretando forte desde atrás sigan medrando da mano dos ‘maiores’, que, como levan demostrando sobre todo nos últimos meses, serán espello de sacrificio e unión na pista por unha última vez esta campaña.


Movistar Inter FS, afinando e buscando posto para o PlayOff


Por terceira ocasión consecutiva, os noieses acaban a Liga na cancha dun Movistar Inter FS coas miras postas no PlayOff polo título. O equipo de Alberto Riquer ten aínda en xogo a súa posición final na táboa. Comezarán a xornada 5º con 47 unidades, pero coa opción de escalar ata a 3º praza. Varios resultados lles poderían valer para facerse con ela, aínda que os interistas buscarán brindarlle unha vitoria aos seus afeccionados, ante os que están invictos (7 triunfos e 7 empates), para chegar a tope á postemporada. En segundo plano, pelexas como a honra de ser o máximo goleador, na que Javi Mínguez, con 26 dianas, buscará recurtar as tres co líder Daniel. O madrileño é un dos xogadores a vixiar dos verdes, xunto aos Cecilio, Pani, Raúl Gómez e un que seguramente vos soe, noieses: Pirata.



Declaracións previas



O desprazamento

O bus noiés púxose en marcha este venres ás 14:15h dirección á capital estatal, onde chegará sobre as 22:00h.


Emisión en directo

O duelo contará coa emisión en directo e en exclusiva a través de LALIGA+ (baixo subscripción), por web e app, este sábado 16 a partir das 13:00h.


Árbitros

Óscar Ropero Lara e Samuel Gabaldón Rico, do comité valenciano. Balance con ambos de dous empates e cinco derrotas.


Precedentes (balance oficial: 1V-3E-3D)

·16 de decembro de 2022 | X14 Primeira División FS 2022/2023 | MOV 4-3 NPA


·13 de maio de 2023 | X29 Primeira División FS 2022/2023 | NPA 2-2 MOV


·9 de decembro de 2023 | X15 Primeira División FS 2023/2024 | NPA 6-3 MOV


·11 de maio de 2024 | X30 Primeira División FS 2023/2024 | MOV 5-0 NPA


·28 de decembro de 2024 | X12 Primeira División FS 2024/2025 | NPA 3-7 MOV


·24 de maio de 2025 | X30 Primeira División FS 2024/2025 | MOV 3-3 NPA


·15 de novembro de 2025 | X10 Primeira División FS 2025/2026 | NPA 2-2 MOV

Comments


bottom of page