top of page

PREVIA X30 | Noia Portus Apostoli FS – Movistar Inter FS | Un último moi especial

O duelo en Torrejón, peche do campionato, terá un nome propio en Pola, que xogará o seu último partido ligueiro antes de colgar as botas na praza onde se consagrou en lenda do fútbol sala nacional.
Os árbitros serán Pedro Antonio Carrillo Arroyo e Juan José Cordero Gallardo, ambos do comité andaluz, e o encontro poderase seguir en directo e en exclusiva por FEF TV.

Penúltimo capítulo da carreira de Pola. (foto: Manuel Lorenzo)

Con todo o peso da presión fóra e a salvación matemática no bucho, o Noia Portus Apostoli FS viaxa a Torrejón para o último compromiso da Primeira División FS, contra o Movistar Inter FS, nun duelo que servirá tamén como homenaxe a Pola. O vigués afrontará, na que foi a súa casa e onde o gañou todo durante unha década, o último partido ligueiro da súa carreira deportiva.


O do dorsal 24 noiés será, sen dúbida, o nome destacado do encontro, pero o Portus Apostoli non se quererá desviar do foco principal. Os galegos chegan ao Jorge Garbajosa como o equipo máis en forma da Liga nos últimos 5 partidos (12 puntos de 15 posibles), e alí perseguirá unha vitoria de prestixio, como a que logrou na primeira volta, que redondee un final de campaña espectacular, ademais de servir de perfecta preparación para a final de Copa Galicia da próxima semana. Aínda que, pase o que pase na capital, os noieses xa saben o posto final que ocuparán na táboa, xa que ninguén os poderá mover do 13º.


Precisamente por unha mellor posición na clasificación loitará o Movistar Inter FS, con billete para o PlayOff polo título desde hai varias semanas. Os de Alberto Riquer xóganse a oportunidade de ser 4º, onde se sitúan actualmente con 50 puntos, pero coas amenazas de Mallorca Palma Futsal e Jaén Paraíso Interior FS. As súas dúas últimas derrotas, ante Barça (2-3) e Viña Albali Valdepeñas (3-1), cortaron una xeira de tres vitorias seguidas e imposibilitáronlle pelexar por un posto maior. Ata 6 xogadores suman 10 ou máis goles nas filas telefónicas, encabezados polos 19 tantos de Raúl Gómez. Xusto unha decena suma a súa única baixa confirmada polo momento, o peche Raya.


Será unha xornada para gozar. Gozar competindo ao máximo, como lle gusta facer a este grupo, polo respecto a unhas cores, unha afección que se desprazará en bo número ao Jorge Garbajosa e, como non, por darlle a un compañeiro unha (pen)última tarde especial de fútbol sala á altura da súa lendaria carreira deportiva.


 

Declaracións previas



O desprazamento

A expedición noiesa puxo rumbo ao seu hotel de concentración ás 14:00h, poucas horas despois de completar o seu último adestramento da semana. O autobús chegará á capital en horario nocturno o equipo realizará unha sesión de activación, na mañá do sábado, previa ao choque.


Emisión en directo

O enfrontamento entre interistas e noieses emitirase, en directo e en exclusiva, a través da plataforma de pago FEF TV, por web e app.


Árbitros

Pedro Antonio Carrillo Arroyo e Juan José Cordero Gallardo, ambos do comité andaluz.


Precedentes

·16 de decembro de 2022 | X14 Primeira División 2022/2023 | MOV 4-3 NPA


·13 de maio de 2023 | X29 Primeira División 2022/2023 | NPA 2-2 MOV


·9 de decembro de 2023 | X15 Primeira División 2023/2024 | NPA 6-3 MOV

Comments


bottom of page