Oitavos matematicamente e aínda sen coñecer rival, os noieses xa agardan á fase polo título e afrontan con tranquilidado o duelo final da Liga regular, onde Marlon Velasco podería reservar a xogadores con molestias físicas e dar protagonismo aos menos habituais.
Os madrileños Héctor Mayo López e Carlos Panadero Díaz-Concha dirixirán o choque, emitido en directo por LaLiga Sports TV, este sábado 20 a partir das 18:30h.
O Portus Apostoli pechará este sábado 20 ás 18:30h, coa visita ao Industrias Santa Coloma, o campionato de Liga regular. Será o último dos tres choques en sete días fantásticos, coa conquista da Copa Galicia e a clasificación ao PlayOff polo título, que agarda xa á volta da esquina e para o que aínda non hai opoñente.
Dúas opciones: Mallorca Palma Futsal ou Barça, quen logre reclamar a primeira posición ao término da xornada. Antes, os baleares contan cun punto máis. En calquera dos casos, o Noia terá que “visitar ao dentista” nos cuartos de final desta histórica participación na fase polo título de Primeira División, que arrancará o próximo martes ou mércores, aínda por confirmar. É por iso que Marlon Velasco, coa única baixa segura de Edu Jabá, pode aproveitar para dar descanso a xogadores tocados por molestias físicas e outorgar protagonismo a outros menos habituais e, incluso, aos dous do filial en dinámica de primeiro equipo, o porteiro Pablo e o á Pau.
Pola súa parte, Industrias Santa Coloma alcanza esta última xornada ligueira sen máis en xogo, en canto a términos clasificatorios, que mellorar a súa 10ª posición. Dependendo dos resultados, ata a 9ª poderían auparse os de Xavi Closas, que tras un difícil inicio de segunda volta quedaron relegados á loita pola permanencia, algo que conseguiron a dúas datas do final. Regalar un triunfo á súa afección, máis se cabe tendo en conta que será a despedida do club do capitán David Álvarez, será un aliciente para os colomenses no seu peche de temporada.
Polo menos tres partidos lle restan aínda a un Noia Portus Apostoli FS que xa é totalmente histórico. A afección noiesa gañouse a licencia para soñar entre os máis grandes, pero antes ao seu equipo tócalle tratar de concluír unha Liga regular para o recordo con outra alegría.
Declaracións previas
O desprazamento
A expedición noiesa voará a terras catalás a noite do venres desde o Areoporto de A Coruña, chegando na madrugada ao seu hotel de concentración. Na mañá do sábado, realizarán a última sesión previa ao encontro.
Emisión en directo
O partido emitirase en directo por LaLiga Sports TV a partir das 18:30h do sábado 20 de maio.
Árbitros
Os madrileños Héctor Mayo López e Carlos Panadero Díaz-Concha.
Precedentes
·5 de novembro de 2013 | Dezaseisavos de final Copa do Rei 2013/2014 | NPA 5-4 SCO
·21 de decembro de 2022 | X15 Primeira División 2022/2023 | NPA 1-4 SCO
Comments