top of page

PREVIA X3 | Osasuna Magna-Noia Portus Apostoli FS | A Pamplona a pola primeira

Os noieses buscarán estrear o seu casilleiro de triunfos ligueiros, no regreso da competición tras o primeiro parón, este sábado 23 ás 19:30h en Anaitasuna.
Os cataláns Bernardo Simón Benet e Iván López Galiano dirixirán o encontro, que será emitido en directo por FEF TV.com.

Pau, de branco, e Rufino, de negro, dispútanse o balón nun adestramento (foto: Manuel Lorenzo)

Tras o primeiro parón e a dúas semanas vista do segundo, esta finde regresa a Primera División Fútbol Sala coa disputa da terceira xornada, na que o Noia Portus Apostoli FS visitará ao Osasuna Magna o sábado 23 ás 19:30h, co único obxectivo de traer de volta a casa os tres primeiros puntos da temporada.

Os noieses son un dos sete equipos que, tras a disputa das dúas primeiras datas, aínda non coñecen a vitoria, co empate en Cartaxena e a derrota no Mourís contra o Córdoba Patrimonio de la Humanidad. O parón e a visita a Portugal co Torneio Cidade da Póvoa serviron para avanzar na recuperación de algúns dos lesionados, como o caso dun Altamirano de novo en dinámica de grupo, ademais de sumar competitividade e recuperar o sabor do triunfo.

Outro deses sete conxuntos que aínda non saben o que é ganar é o cadro ao que rendirán visita os brancos este sábado. Pero, iso si, os dous puntos que acumula Osasuna Magna teñen o seu peso, ao arrancárllelos a un Barça ao que tivo contra as cordas un bo rato e na pista dun reforzado Viña Albali Valdepeñas. Proba de que os verdes manteñen a súa esencia competitiva, e tamén de que non están notando en exceso a transición que supón o cambio no banquillo, con Imanol Arregui deixando o seu posto tras 22 temporadas en mans de Miguel Hernández, quen fora o seu segundo adestrador.

En canto ao plantel, a volta a casa de Dani Saldise é a gran nova en clave pamplonica, xunto a máis incorporaciones como o galego Pachu ou Eloy de Pablos, que engaden calidade, xuventude e descaro aos Asier, Juninho, Geraghty, Fabinho, Linhares ou Toni, entre outros, con Roberto Martil como capitán e líder na pista, responsabilidade que este curso compaxina coa de segundo adestrador de Hernández, sobre todo mentres se recupera dunha lesión de larga duración.

Coa necesidad e a ambición en máximos, o Portus Apostoli acode este sábado 23 a Anaitasuna, perseguindo soa e exclusivamente unha vitoria que aporte tranquilidade e impulse o seu inicio ligueiro.



 


Declaracións previas




O desprazamento

O autobús da expedición branca puxo rumbo a Pamplona o venres pola mañá, tras completar o último adestramento no Agustín Mourís. A súa chegada ao hotel de concentración está prevista para as 22:15h. Na mañá do sábado, completarán unha sesión de activación previa ao duelo das 19:30h.

Emisión en directo

El partido emitiráse en directo por FEF TV.com este sábado 23 a partir das 19:30h.


Árbitros

Os cataláns Bernardo Simón Benet e Iván López Galiano. Con Simón Benet, tres vitorias e unha derrota en liga regular de Primeira División e unha derrota na prórroga no PlayOff polo título, mentres que López Galiano arbitrará por primeira vez un partido dos nosos.


Precedentes

·8 de novembro de 2016 | Oitavos de final Copa do Rei 2016/2017 | NPA 2-3 XOT

·3 de decembro de 2022 | X11 Primeira División 2022/2023 | NPA 1-2 XOT

·21 de abril de 2023 | X26 Primeira División 2022/2023 | XOT 3-6 NPA


Comments


bottom of page