top of page

PREVIA X29 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | CFS Finura de Ibérico La Bañeza - Noia Portus Apostoli FS | Calculadoras en marcha

  • 3 days ago
  • 2 min read
Venres, 22/05/2026 · 13:31h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os noieses viaxan a La Bañeza (sáb. 23/05, 19:00h) con opcións de proclamarse campións, coa vitoria como imprescindible para iso.
Venres, 22/05/2026 · 13:31h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os noieses viaxan a La Bañeza (sáb. 23/05, 19:00h) con opcións de proclamarse campións, coa vitoria como imprescindible para iso.

Primeiro match-ball para o Xuvenil DH noiés. O equipo de Pablo Cardoso visita este sábado 23 a partir das 19:00h na penúltima data ao CFS Finura de Ibérico La Bañeza, coas primeiras opcións de conseguir o título de Liga. Todo iso suxeito a un triunfo noiés que, como mínimo, lles faría depender de si mesmos na xornada decisiva.


Nada mudou a finde pasada. Os brancos continúan líderes con 73 puntos, só separados polo goal average particular co 2º clasificado, CD Inter Sala Adarsa Mercedes, e con tres unidades sobre o 3º, un CD San Cristóbal Cochinillo Tabladillo cuxo resultado decidirá se os noieses poden campionar. E é que os segovianos, que xogan ás 12:00h, teñen que empatar ou perder para que o Portus Apostoli se presente ás 19:00h, mesma hora á que xoga o seu máximo rival, con posibilidades de título. Chegados a ese hipotético caso, as contas serían sinxelas: gañar e que perda o CD Inter Sala Adarsa Mercedes. Sexa como sexa, os de Pablo Cardoso non apartan a vista do único importante, que é o seu. Así so gañaron toda a temporada. E sexa para esta xornada ou para a última, a vitoria é fundamental.


La Bañeza, último desprazamento da Liga


Diante na súa última viaxe da Liga regular, o cadro branco terá a un CFS Finura de Ibérico La Bañeza xa descendido. O conxunto leonés ocupa a 15ª e penúltima praza da clasificación con 9 puntos. Nesas, a súa única meta pode ser non caer á última, que posúe agora mesmo o Jogafan Ordes FS con 8 unidades. Actualmente, acumulan unha xeira de cinco derrotas consecutivas, sendo a última a encaixada ante O Parrulo Ferrol FS (6-3).



Precedentes

·24 de xaneiro de 2026 | X14 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2025/2026 | NPA 10-4 BAÑ

Comments


bottom of page