PREVIA X28 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Noia Portus Apostoli FS – Exlabesa Leis Pontevedra FS | Antepenúltimo escollo
- 18 minutes ago
- 2 min read

Tres obstáculos separan ao Xuvenil DH branco do título e do Campionato de España Sub-19 de Clubes. Empezando polo Exlabesa Leis Pontevedra FS, ao que se enfrontará este domingo 17 a partir das 12:30h no Pavillón Alonso Rodríguez pola 28ª xornada ligueira.
A historia é a mesma. Igualdade de puntos co CD Inter Sala Adarsa Mercedes e tres de diferenza sobre o CD San Cristóbal Cochinillo Tabladillo. Os noieses gañáronse unha exigua vantaxe nestas condicións da batalla polo trofeo de campión e dependen deles mesmos para non deixala ir. A receita é simple: non fallar domingo nin as dúas vindeiras fins de semana.
Un rival que se xoga a categoría
Diante, os de Pablo Cardoso terán a un Exlabesa Leis Pontevedra FS con urxencias na outra punta da táboa. Os do río Lérez ocupan a 12ª posición con 25 puntos, 4 sobre a zona de descenso. Unha distancia que, ante o bo momento dos perseguidores Carballiño FS e ADC Lugo Sala Acasti Reformas, non semella definitiva. No seu anterior choque, os pontevedreses caeron de maneira clara (2-11) fronte a O Parrulo Ferrol FS.
Emisión en directo
O partido poderase seguir en directo e gratis, previo rexistro, a través de gs360play.com.
Precedentes
·15 de setembro de 2024 | X1 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | LEI 1-9 NPA
·30 de marzo de 2025 | X16 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA 12-0 LEI
·18 de xaneiro de 2026 | X13 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2025/2026 | LEI 2-7 NPA





Comments