top of page

PREVIA X28 | Quesos Hidalgo Manzanares FS - Noia Portus Apostoli FS | A por un paso de xigante

O conxunto noiés buscará este sábado 27 ás 18:00h en Manzanares, donde nunca gañou, tres puntos capitais para o obxectivo da salvación.
Os andaluces Manuel Jesús Barrilero Mohedano e Carlos Enrique Bustos Caparrós serán os árbitros do encontro, con emisión en directo e en exclusiva por FEF TV.

Nico Rosa ante Henrique en un entrenamiento (foto: Manuel Lorenzo)

Tres vitorias consecutivas e tres finais por diante para o Noia Portus Apostoli FS, que continúa obrigado a seguir remando a fondo na disputa pola salvación. No horizonte máis próximo, este sábado 27 ás 18:00h, a visita a Manzanares, lugar onde non coñece o triunfo, para enfrentarse a un Quesos Hidalgo que pretende lograr a clasificación matemática ao PlayOff coa súa afección.


A situación virou moi positivamente a favor do Noia neste último mes (de ser pechacancelas a 13º con 27 puntos), aínda que, con 9 puntos por repartirse, todo está por decidir. Os recentes triunfos de ATP Iluminación Tudelano Ribera Navarra (14º, 24 puntos) e Real Betis Futsal (15º, 24 puntos) apretaron a batalla pola permanencia, con Family Cash Alzira quedando algo descolgado (16º, 20 puntos). De toda esta igualdade nace a esixencia noiesa de, máis aló do que faga o resto, seguir sumando, máis tendo en conta o duelo directo da vindeira semana na casa ante o conxunto bético.


Ao igual que a pasada semana, os blancos terán como rival a un equipo en contención polo PlayOff. Quesos Hidalgo Manzanares FS está vivindo un curso histórico, con primeira participación na Copa de España e a opción de estrearse tamén na fase final ligueira. Actualmente sitúanse 7º con 42 puntos, 4 por riba do corte, polo que esta xornada, agardando o que faga Industrias Santa Coloma, podería selar a súa presenza. No seu anterior partido, asinaron un empate 1-1 no derbi ante Viña Albali Valdepeñas.


Os manchegos intentarán que o Manzanares Arena, o cal visitará o Portus Apostoli por primeira vez, sexa o sexto home dos de Juanlu Alonso, que dispoñerá de todos os seus efectivos. Daniel, con 24 goles, non é só o máximo goleador do cadro azulón, senon un dos máis prolíficos de toda a Liga. Xunto a el, a habilidad e desequilibrio de Cortés, o poderío de Juan Emilio, a omnipresencia de Antonio Navarro e a experiencia de Raúl Campos, entre outros, configuran un bloque de gran calidade e moi difícil de superar.


O Portus Apostoli saltará ao parqué manchego xa sabendo o que fixeron todos os seus rivais pola permanencia. Pero pouco importa iso no seo dun vestuario noiés centrado soamente e ao 100% no que eles poden controlar, o seu partido no hostil terreo manchego, onde está en xogo o dar un paso de xigante de cara ao obxectivo.


 

Declaracións previas



O desprazamento

Viaxe iniciado pola expedición noiesa a media mañá, tras o último adestramento, e por estrada, con chegada prevista ao hotel de concentración ás 21:45h. O sábado pola mañá, realizarán unha sesión de activación previa ao encontro.


Emisión en directo

Este sábado 27 de abril ás 18:00h en directo e en exclusiva a través da plataforma de pago FEF TV, en web e app.


Árbitros

Manuel Jesús Barrilero Mohedano e Carlos Enrique Bustos Caparrós, do comité andaluz. Será a primeira vez que esta parella arbitre un partido do Portus Apostoli.


Precedentes

·16 de decembro de 2017 | X14 Segunda División 2017/2018 | NPA 3-1 QHM


·21 de abril de 2018 | X29 Segunda División 2017/2018 | QHM 4-1 NPA


·15 de decembro de 2018 | X14 Segunda División 2018/2019 | QHM 4-2 NPA


·27 de abril de 2019 | X29 Segunda División 2018/2019 | NPA 8-3 QHM


·12 de outubro de 2019 | X5 Segunda División 2019/2020 | QHM 7-3 NPA


·8 de febreiro de 2020 | X20 Segunda División 2019/2020 | NPA 3-3 QHM


·6 de marzo de 2021 | X2 Segunda División – Grupo C 2020/2021 | QHM 1-0 NPA


·10 de abril de 2021 | X6 Segunda División – Grupo C 2020/2021 | NPA 3-2 QHM


·10 de decembro de 2022 | X13 Primeira División 2022/2023 | NPA 2-1 QHM


·5 de maio de 2023 | X28 Primeira División 2022/2023 | QHM 3-2 NPA


·25 de novembro de 2023 | X13 Primeira División 2023/2024 | NPA 2-6 QHM

bottom of page