top of page

PREVIA X26 PRIMEIRA DIVISIÓN FS | Noia Portus Apostoli FS – Quesos El Hidalgo Manzanares FS | Que o Mourís siga sendo diferencial

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 2 days ago
  • 3 min read

Sábado, 19/04/2025 · 18:15h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os noieses queren seguir apoiándose no seu feudo (dom. 20/04, 13:00h, Teledeporte, RTVE Play e FEF TV), onde gañaron os seus últimos tres partidos, para achegarse á permanencia.


Isto non é unha final, seméllase. Tras conquistar o pasado xoves a cuarta Copa Galicia FS consecutiva, o Noia Portus Apostoli FS volve a virar as súas miras en dirección Liga e á batalla pola permanencia. E nesas, o seguinte reto lévaos a este domingo 20 ás 13:00h, cando os de David Palmas recibirán ao Quesos El Hidalgo Manzanares FS pola 26ª xornada, en partido con emisión en directo e aberto por Teledeporte.


Xa co obxectivo autonómico cumprido, o Portus Apostoli centra todos os seus esforzos en lograr a salvación de categoría, unha pugna que continúa ao vermello vivo a falta de 5 datas. Os brancos chegan a este tramo final plenos de moral e confianza, especialmente atinados nun Agustín Mourís onde suman tres vitorias seguidas, con aínda dous partidos máis por xogarse no seu feudo. No momento que inicie o deste domingo, os noieses xa saberán que fixo o seu actual máximo rival, un ATP Iluminación Tudelano Ribera Navarra FS ante o que, empatados a 22 puntos, prevalece na táboa polo goal average.


Un pouco máis arriba están, a 4 unidades, o CD Burela FS, e a 7 o Viña Albali Valdepeñas, Córdoba Patrimonio de la Humanidad e o opoñente deste domingo, Quesos El Hidalgo Manzanares FS. Os de Juanlu Alonso atravesan un delicado momento da temporada, decimados polas lesións e cunha xeira de catro derrotas. Esta dinámica negativa fíxolles perder case toda opción de pelexar por un PlayOff que rondaron practicamente todo o curso. Ás baixas de Antonio Navarro, Dani Juárez e Juan Emilio por contratempos físicos únese a de Pedro Beraldo por sanción. Si estará o seu máximo artilleiro con 15 tantos, Daniel, ao igual que outras importantes pezas dun recoñecible equipo, como son Raúl Campos, Humberto, Javi Alonso ou Álvaro, entre outros.


A última conta atrás xa está aquí. Cinco partidos, seis fins de semana que o decidirán todo. Dous deles nun Agustín Mourís que este domingo lucirá distinto, coa pista negra característica da emisión por Teledeporte, pero terá a mesma esencia e forza que son sempre diferenciais e aportan un plus aos seus.


 

Declaracións previas


Entradas

Á venda na páxina web noiafs.compralaentrada.com/eventos. Se quedan dispoñibles, poñeranse á venda na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís o día do partido a partir das 11:30h.



Emisión en directo

O duelo contará coa emisión en directo a través de Teledeporte, además de RTVE Play e FEF TV, por web e app, este domingo 20 a partir das 13:00h.



Árbitros

Manuel Jesús Barrilero Mohedano e Carlos Enrique Bustos Caparrós, do comité andaluz. Balance con esta parella dun empate e unha derrota.


Precedentes

·16 de decembro de 2017 | X14 Segunda División FS 2017/2018 | NPA 3-1 QHM


·21 de abril de 2018 | X29 Segunda División FS 2017/2018 | QHM 4-1 NPA


·15 de decembro de 2018 | X14 Segunda División FS 2018/2019 | QHM 4-2 NPA


·27 de abril de 2019 | X29 Segunda División FS 2018/2019 | NPA 8-3 QHM


·12 de outubro de 2019 | X5 Segunda División FS 2019/2020 | QHM 7-3 NPA


·8 de febreiro de 2020 | X20 Segunda División FS 2019/2020 | NPA 3-3 QHM


·6 de marzo de 2021 | X2 Segunda División FS – Grupo C 2020/2021 | QHM 1-0 NPA


·10 de abril de 2021 | X6 Segunda División FS – Grupo C 2020/2021 | NPA 3-2 QHM


·10 de decembro de 2022 | X13 Primeira División FS 2022/2023 | NPA 2-1 QHM


·5 de maio de 2023 | X28 Primeira División FS 2022/2023 | QHM 3-2 NPA


·25 de novembro de 2023 | X13 Primeira División FS 2023/2024 | NPA 2-6 QHM


·27 de abril de 2024 | X28 Primeira División FS 2023/2024 | QHM 6-5 NPA


·24 de novembro de 2024 | X8 Primeira División FS 2024/2025 | QHM 2-0 NPA

Comments


bottom of page