top of page

PREVIA X26 | Osasuna Magna-Noia Portus Apostoli FS | A Anaitasuna para acercarse ao reto

Os noieses visitan ao cadro navarro na xornada 26 da Primeira División, coa intención de sumar tres puntos que practicamente certifiquen a súa presenza no PlayOff polo título.
Os colexiados cataláns Francesc García-Donas e Bernardo Simón Benet dirixirán o encontro, este venres 21 de abril a partir das 20:00h.
Machado conduce o balón durante un adestramento (foto: Manuel Lorenzo)

Por enésima e última vez na temporada, regresa a Liga tras o parón do pasado fin de semana coa xornada 26, a primeira das cinco que colocarán o broche á Primeira División 2022/2023. Para o Noia Portus Apostoli FS faino visitando o Pavillón de Anaitasuna e, por tanto, ao Osasuna Magna este venres 21 de abril ás 20:00h.


Nunha xornada na que poderían sellar matematicamente unha xa de por si histórica permanencia na elite, os noieses pugnarán contra o seu máximo perseguidor na táboa (tras superar o Osasuna Magna ao Real Betis Futsal) por dar un gran paso de cara a confirmar presenza no próximo PlayOff polo título. Palabras maiores, tendo en conta a condición de único novato na categoría do Portus Apostoli. O cadro branco reincorporou ao largo desta semana a Bruno Gomes e Nejc Hozjan, quen a anterior estiveron coas súas seleccións disputando compromisos internacionais.


Diante estará Osasuna Magna, que se sitúa 8º con 28 puntos, a 6 dos 34 do Noia. Os verdes pensan en aproveitar a súa condición de local para lograr boa parte da permanencia e, quen sabe, se agarrarse ás súas últimas opcións de opositar ao PlayOff. Con 51 goles a favor e 66 en contra, os navarros son o equipo menos goleador e o cuarto menos goleado da competición. Un promedio de 2,04 tantos por partido sostense grazas a un conxunto sempre competitivo, con carácter e calidade, aspectos que demostraron nos seus, ata agora, 25 anos consecutivos na Primeira División. No seu último choque, Osasuna Magna derrotou ao Viña Albali Valdepeñas por 2-3. Con 11 goles, Fabinho é o máximo realizador dos dirixidos por Imanol Arregui, quen perdeu recentemente por unha lesión grave ao seu capitán, Roberto Martil.


A historia di que, nos seus dous anteriores e únicos enfrontamentos, os verdes sempre se levaron o gato á auga contra os brancos, incluido o da primeira volta ligueira, por 1-2. Porén, e como están empeñados en demostrar os noieses, a historia está para rompela, e este venres hai unha nova oportunidade para seguir facéndoa anacos.


 

Declaracións previas



O desprazamento


O autobús da expedición branca puxo rumbo na noite do mércores a Pamplona, a onde chegou na mañá do xoves. Tras o almorzo, os noieses completarán o penúltimo adestramento da semana en Anaitasuna. O definitivo sucederase no mesmo lugar na mañá do venres, día do partido.


Árbitros


Os cataláns Francesc García-Donas e Bernardo Simón Benet.


Precedentes


·8 de novembro de 2016 | Oitavos de final Copa do Rei 2016/2017 | NPA 2-3 XOT

·3 de decembro de 2022 | X11 Primera División 2022/2023 | NPA 1-2 XOT

Comments


bottom of page