PREVIA X25 PRIMEIRA DIVISIÓN FS | Illes Balears Palma Futsal - Noia Portus Apostoli FS | Ao asalto do invicto Son Moix
- Departamento prensa Noia PA FS
- Apr 3
- 3 min read

Xoves, 03/04/2025 · 21:40h · Imaxe: Foto Pichero | Coa batalla pola permanencia ao vermello vivo, os noieses tratarán de tomar a inexpugnable cancha do bicampión de Europa e do Mundo (ven. 04/04, 20:30h, FEF TV).
Terceira parada en sete días para o Noia Portus Apostoli FS. Os de David Palmas afrontan este venres 4 ás 20:30h o último desafío da semana, visitando ao Illes Balears Palma Futsal, todo un actual bicampión de Europa e do Mundo que está invicto como local, pola 25ª data dunha Primeira División FS na que a pugna pola salvación está cada vez máis cara.
Con 10 unidades logradas das últimas 15 en xogo, os brancos son o equipo máis en forma da zona baixa da táboa. O triunfo do martes con remontada incluída ante Industrias Santa Coloma borrou o amargor dunha gran actuación sen premio en Murcia. Esa vital vitoria deixou aos noieses, xunto ao resto de resultados da xornada, 14º con 22 puntos antes deste terceiro e definitivo encontro en siete días. Ou, o que é o mesmo, fóra de descenso, aínda que tan só polo goal average con ATP Iluminación Tudelano Ribera Navarra FS. Movementos de posicións e guarismos, pero entre o 11º e o 15º continúa a diferenza de 4 puntos que mantén involucrados a moitos actores na contenda por evitar a queima.
Se miramos ao outro extremo da clasificación, aparece o vindeiro rival do Portus Apostoli. Un Club e un conxunto máis que estabrecidos na nobreza do fútbol sala nacional e continental, o que lle corresponde a Illes Balears Palma Futsal tras varios anos de gran traballo e recompensas. Os palmesanos chegan a este duelo 4º con 47 puntos e a ambición de dar caza á primeira praza do Servigroup Peñíscola FS, ante o que empataron (3-3) o martes. Subcampións da pasada Copa de España FS, en Liga os de Antonio Vadillo non perden desde o 8 de febreiro, con 5 vitorias e 4 empates nos seus 9 últimos compromisos domésticos. Fortaleza que aumenta na súa casa, Son Moix, onde só cederon 2 empates en 11 encontros. Un fortín para un dos mellores planteis de España, ao que os brancos coñecen moi ben, con varios enfrontamentos recentes na memoria. Especialmente á nómina de ex noieses, formada por Bruno Gomes (máximo goleador xunto a Fabinho con 11 dianas), Henrique, Machado, Neguinho e Marcelo.
Despois deste partido, quedarán tan só cinco para finalizar o campionato. A recta final da batalla pola permanencia está á volta da esquina, e a ela quere chegar o Noia da mellor maneira posible, sabedor de que aínda que este venres afronta outra saída de aúpa, acode pleno de confianza e seguridade, ingredientes esenciais para superar calquera escollo, por grande que sexa.
Declaracións previas
O desprazamento
Voo na matinal do xoves dirección Palma, con horario aproximado de chegada ás 14:30h. Pola tarde, os de David Palmas realizaron unha última sesión previa ao duelo no Palau Municipal d’Esports Son Moix.
Emisión en directo
O encuentro emitirase en directo e en exclusiva a través da plataforma de pago FEF TV, en web e app, este venres 4 de abril a partir das 20:30h.
Árbitros
Antonio Pablo Navarro Rodríguez-Villán, do comité castelán-leonés, e Alberto Sarabia Eguiluz, do comité rioxano. Será o primeiro encontro no que ambos arbitren ao Portus Apostoli.
Precedentes
·19 de novembro de 2022 | X9 Primeira División FS 2022/2023 | NPA 2-2 IBP
·21 de febreiro de 2023 | 1/4 de final Copa do Rei FS 2022/2023 | IBP 4-2 NPA
·25 de marzo de 2023 | X24 Primeira División FS 2022/2023 | IBP 5-1 NPA
·24 de maio de 2023 | PlayOff Primeira División FS 2022/2023 - 1/4 de final – Partido 1 | IBP 8-2 NPA
·27 de maio de 2023 | PlayOff Primeira División FS 2022/2023 – 1/4 de final – Partido 2 | NPA 3-4 IBP (AET)
·11 de novembro de 2023 | X10 Primeira División FS 2023/2024 | IBP 2-1 NPA
·31 de marzo de 2024 | X25 Primeira División FS 2023/2024 | NPA 6-1 IBP
·11 de xaneiro de 2025 | X14 Primeira División FS 2024/2025 | NPA 3-3 IBP
Comments