top of page

PREVIA X25 | Noia Portus Apostoli FS-Real Betis Futsal | Duelo clave polo PlayOff

Enfrontamento co rival máis directo por ocupar a oitava praza actualmente dos noieses, que, a falta de seis partidos, pode decantar a balanza ou abrir a pelexa.
Os asturianos Diego Gallo Suárez e Rubén Hevia Campa dirixirán o encontro, con emisión en directo por LaLiga Sports TV, este sábado 8 de abril a partir das 18:30h.
Bruno Gomes, co balón, ante Lluc nunha sesión de adestramento (foto: Manuel Lorenzo)

Sábado de santo partidazo no Municipal Agustín Mourís. O Noia Portus Apostoli FS, oitavo con 33 puntos, recibe ás 18:30h en duelo da xornada ao Real Betis Futsal, noveno con 26, quen, hoxe por hoxe, é o seu máximo rival na loita por asaltar a última praza que dá acceso ao PlayOff polo título.


Encontro entre paróns, despois do da Final Four copeira da pasada semana e antes do internacional da próxima, ao que o Portus Apostoli chega en boa sintonía, con normalidade nos adestramentos e a tranquilidade de estar na final de Copa Galicia e preto de lograr matematicamente o obxectivo da salvación.


Unha calma que permite aos noieses abordar ilusionados o reto de meterse nun histórico PlayOff no que se embarcan neste tramo final de Liga, que segue cos dous próximos choques ante os seus inmediatos perseguidores, Betis e Osasuna Magna. Sacar resultados positivos significaría un gran paso, sobre todo no duelo deste sábado no Agustín Mourís, que se ha converteu en feudo inexpugnable na segunda vuelta, con 3 triunfos e 1 empate local en catro partidos.


Por Noia pasa o que pode ser o último tren na loita polo PlayOff do Real Betis Futsal, co agravante de ter un partido máis disputado no seu haber, a derrota contra Mallorca Palma Futsal por 3-5 no adiantado da xornada 28. Nos seus últimos cinco encontros, os de Bruno García solo foron quen de lograr dous puntos, alternando un empate de moito mérito na cancha do ElPozo Murcia cunha derrota ante o pechacancelas Levante. Especial énfasis en xogadores verdibrancos como Eric Pérez, máximo realizador con 12 goles, a gran temporada de Piqueras, o desequilibrio de Henmi, o descaro dos Povea e Carrasco, ou Raúl Jiménez, chamado por segunda vez seguida pola selección española.


O que ninguén pensaba, o que parecía unha utopía, está no camiño de converterse en toda unha realidade, grazas ao esforzo, o traballo e os resultados dun Portus Apostoli que sorprende a propios e estraños. Acercar máis o sueño do PlayOff á realidade depende en boa parte do que pase este sábado 8 de abril ás 18:30h no Agustín Mourís, onde, unha xornada máis, a afección noiesa non fallará no seu empeño de ser o sexto home dos seus en pos dunha nova vitoria.


 

Declaracións previas




Entradas


NON SOCIOS: 20€


XUVENIL (non socios entre 14 e 17 anos): 15€


INFANTIL (non socios menores de 14 anos): 10€


SOCIOS: GRATIS


Nenos/as da Escola Deportiva do club que non sexan socios/as: 5€ de desconto.


Á venda no local social (Rúa Carcasía, 7) se quedaran dispoñibles, o sábado 8 no local social de 12h a 13h e en taquilla do Municipal Agustín Mourís a partir das 16:30h.


Emisión en directo


LaLiga Sports TV emitirá en directo o encontro este sábado 8 a partir das 18:30h.


Árbitros


Os asturianos Diego Gallo Suárez e Rubén Hevia Campa.


Precedentes


·23 de setembro de 2017 | X2 Segunda División 2017/2018 | BET 4-3 NPA

·20 de xaneiro de 2018 | X17 Segunda División 2017/2018 | NPA 2-3 BET

·30 de novembro de 2018 | X12 Segunda División 2018/2019 | BET 4-4 NPA

·6 de abril de 2019 | X27 Segunda División 2018/2019 | NPA 5-2 BET

·21 de setembro de 2019 | X2 Segunda División 2019/2020 | NPA 2-2 BET

·18 de xaneiro de 2020 | X17 Segunda División 2019/2020 | BET 2-0 NPA

·25 de novembro de 2022 | X10 Primera División 2022/2023 | BET 2-2 NPA

bottom of page