PREVIA X21 PRIMEIRA DIVISIÓN FS | Jaén Paraíso Interior FS - Noia Portus Apostoli FS | Segundo desprazamento da semana
- 3 hours ago
- 3 min read

O Noia Portus Apostoli FS afronta o seu segundo partido e viaxe da semana. Tras lograr a vitoria o martes, o conxunto noiés visita ao Jaén Paraíso Interior FS este sábado 7 a partir das 17:30h pola 21ª xornada ligueira, no que será un duelo entre 8º e 9º clasificado con só dous puntos afastando aos galegos do posto de PlayOff que ocupan os andaluces.
O aprazado da xornada 18 trouxo o primeiro triunfo post parón ao saco. Con el, os noieses reenganchan as boas sensacións competitivas e suman 27 puntos na táboa, a tres dos famosos 30 que, historicamente, dan a permanencia virtual. Algarismos fantásticos, á altura dos mellores nas súas catro temporadas na categoría -28 se sumaban tras 20 partidos na 22/23, mellor rexistro-, e que permiten non só achegarse ao obxectivo, senon tamén soñar con loitar por algo máis.

Para o envite en el Olivo Arena, David Palmas tendrá las bajas de Leozin, David Pazos y Diego, los tres por lesión, y de Macedo por las lesiones sufridas tras el partido en Peñíscola, además de por sanción, sobre la cual el Club ha anunciado que recurrirá ante el Comité de Apelación de la RFEF. De esta manera, entran en la lista Koeman y, en su primera aparición, Monteros.
Jaén, outra barreira por derribar
Nunca gañara o Noia fronte ao seu anterior rival, ata que o fixo este martes. E no partido desta xornada 21 preséntaselle o mesmo escenario. Tres empates e catro derrotas en sete compromisos previos contra o Jaén Paraíso Interior FS -8º con 29 puntos- para os noieses, que, de romper a estatística, superarían na clasificación aos xienenses e asaltarían postos de PlayOff polo título. Para iso, o Portus Apostoli terá que sobrepoñerse a un dos escenarios máis imponentes e un dos conxuntos máis competitivos do campionato, que, ademais, posúe tres Copa de España FS no seu haber. O técnico dos amarelos, Dani Rodríguez, poderá contar con todos os xogadores do seu potente plantel. Entre eles, internacionais españois como Esteban, Dani Zurdo e Eloy Rojas -máximo goleador con 10 dianas- e arxentinos en Mati Rosa, Alan Brandi e o ex noiés Power Raggiati. No seu último partido, os amarelos cederon (5-2) na pista do Jimbee Cartagena Costa Cálida.
Declaracións previas
O desprazamento
Os noieses puxeron rumbo ao seu hotel de concentración en bus o xoves pola noite, chegando ao seu destino na matinal do venres. A continuación, realizaron o último adestramento previo ao partido no Pavillón Andalucía de Linares.
Emisión en directo
O duelo contará coa emisión en directo e en exclusiva a través de LALIGA+ (baixo subscripción), por web e app, este sábado 7 a partir das 17:30h.
Árbitros
Óscar Ropero Lara e Samuel Gabaldón Rico, do comité valenciano. Balance con esta parella dun empate e cinco derrotas.
Precedentes (balance oficial: 0V-3E-4D)
·12 de novembro de 2022 | X8 Primeira División FS 2022/2023 | JPI 4-3 NPA
·18 de marzo de 2023 | X23 Primeira División FS 2022/2023 | NPA 3-3 JPI
·4 de novembro de 2023 | X9 Primeira División FS 2023/2024 | NPA 2-4 JPI
·16 de marzo de 2024 | X24 Primeira División FS 2023/2024 | JPI 3-2 NPA
·20 de outubro de 2024 | X2 Primeira División FS 2024/2025 | JPI 5-2 NPA
·8 de febreiro de 2025 | X16 Primeira División FS 2024/2025 | NPA 1-1 JPI
·9 de setembro de 2025 | X2 Primeira División FS 2025/2026 | NPA 2-2 JPI




Comments