top of page

PREVIA X21 | Servigroup Peñíscola FS - Noia Portus Apostoli FS | Primeiro round na Comunitat Valenciana

O cadro noiés visitará o Pavillón Juan Vizcarro de Peñíscola este sábado 2 de marzo ás 16:00h, no primeiro de dous cara a cara ante rivais directos na ribeira do Mediterráneo.
Os murcianos Andrés Botella López e Francisco Castillo López arbitrarán o partido, con emisión en directo por FEF TV.

Altamirano e Nico Rosa pugnan pola posesión nun adestramento (foto: Manuel Lorenzo)

Unha viaxe que pode alterar o destino. O Noia Portus Apostoli FS xa está na Comunitat Valenciana, onde en apenas tres días disputará dous duelos directos pola salvación. O primeiro, este sábado 2 de marzo ás 16:00h no Pavillón Juan Vizcarro, pista do Servigroup Peñíscola FS, pola xornada 21 de la Primeira División FS.


O punto obtido na visita do Viña Albali Valdepeñas a semana pasada permite aos noieses estar a menos dun partido de escapar da zona de descenso. 15º con 18 puntos, o Portus Apostoli ten por diante ao Real Betis Futsal, 14º con 20 unidades; al propio Servigroup Peñíscola, 13º con otras 20; y al ATP Iluminación Tudelano Ribera Navarra, que completa el triple empate a 20 puntos en la 12ª plaza, quien ya ve 4 puntos por encima al Córdoba Patrimonio de la Humanidad, 11º. Y si los blancos mirán para atrás, ahí está el Family Cash Alzira FS, 16º con 16 puntos, el segundo y último rival en el tour noiés por el Mediterráneo.


Se para o Noia a cita deste sábado pódelle para saír desa zona vermella, polo menos momentaneamente, para os peñiscolanos sería coller unha bocanada de aire clasificatoria e moral. Desde o 25 de novembro non consegue unha vitoria ligueira o equipo de Santi Valladares que, iso si, en Copa do Rei si se dou alegrías recentes, logrando clasificarse por segundo curso seguido Final Four tras superar ao Barça na súa pista. Aí se fan especialmente fortes os azuis, non en balde 4 dos seus 5 vitorias no campionato chegaron como locais. A restante, no partido da primeira volta contra os nosos, por 2-5. O habilidoso e internacional Paniagua, con 14 goles, é o máximo anotador dun conxunto con moitos recursos e pólvora en ataque, pero que tamén encaixa moito (71 goles a favor e 76 en contra).


Nun contexto de tal igualdade entre tantos equipos como amosa a clasificación, os cara a cara cobran especial relevancia. Máis que tres puntos, ou seis se incluímos o que virá o martes, se disputará un Noia Portus Apostoli FS que, en bo momento de xogo e sensacións, quere lanzarse a polo mentón dos seus rivais directos.


 

Declaracións previas



O desprazamento

A expedición noiesa puxo rumbo ao seu hotel de concentración por estrada na tarde do xoves, chegando na mañá do venres. Tras o almorzo, realizarán o último adestramento previo ao partido na pista do Pavillón Juan Vizcarro de Peñíscola.


Emisión en directo

O choque emitirase en directo este sábado 24 ás 16:00h por la plataforma de pago FEF TV, en web y app.


Árbitros

Os murcianos Andrés Botella López e Francisco Castillo López. Só un partido arbitrado por esta parella, el curso pasado en Copa do Rei, con derrota para os noieses.


Precedentes

·6 de novembro de 2021 | X10 Segunda División 2021/2022 | PEÑ 4-1 NPA


·12 de marzo de 2022 | X27 Segunda División 2021/2022 | NPA 2-2 PEÑ


·18 de outubro de 2023 | X6 Primera División 2023/2024 | NPA 2-5 PEÑ



bottom of page