top of page

PREVIA X20 | Noia Portus Apostoli FS-Viña Albali Valdepeñas | Seguir construíndo un fortín

Regresa a Liga tras o parón copeiro e os brancos reciben ao conxunto vinatero coa intención de sumar o seu terceiro triunfo seguido no Agustín Mourís, a onde non volverán a xogar ata dentro dun mes.
O partido, programado para as 19:00h do sábado 18 de febreiro, poderase ver en directo por LaLiga Sports TV e estará dirixido polos asturianos Diego Gallo Suárez e Rubén Hevia Campa.

Alisson conduce o balón ante varios dos seus compañeiros nun adestramento (foto: Manuel Lorenzo)

Atrás queda o parón da Copa de España e volve a Liga, coa disputa da Xornada 20. Síntomas claros de que a temporada comeza a adentrarse, pouco a pouco, na súa fase definitiva e decisiva. Nela, ao Portus Apostoli agárdanlle cinco partidos como local nos que facerse fortes se antolla vital para lograr o obxectivo, comezando polo deste sábado 18 ás 19:00h contra o Viña Albali Valdepeñas.


Antes do receso da competición ligueira, os noieses xa lograran recuperar a súa forma na casa, sumando de tres contra Córdoba Patrimonio e Aspil-Jumpers Ribera Navarra. Dous triunfos que, sumados ao de Paterna, significaron 9 importantes puntos nunha táboa clasificatoria pouco estática, pero na que os de Marlon Velasco se gañaron certo colchón. Tras a derrota na Xornada 19 en Murcia, o Noia ocupa a oitava praza con 21 puntos. Co descenso son once as unidades de distancia. A posición inmediatamente traseira, a novena do Aspil-Jumpers, está a catro unidades, e por riba, a seis sitúanse o séptimo, Jimbee Cartagena, o sexto, Movistar Inter FS, e o quinto e que encabeza este tren, precisamente o Viña Albali Valdepeñas.


O conxunto dirixido por David Ramos pelexa por asentarse no maior posto posible dentro dun Top 8 que parece totalmente asegurado a estas alturas de campionato, con todo o que iso supón, nunha condición reforzada co triunfo por 2-5 no anterior choque ligueiro na cancha do BeSoccer CD UMA Antequera. Porén, o seu periplo na pasada Copa de España durou apenas un partido, caendo en cuartos de final contra o Barça por 3-2. Nese encontro debutou a súa incorporación invernal, Pol Pacheco, quen aterrizou no cadro vinatero procedente de Movistar Inter, a donde se trasladou Jovan Lazarevic. A dupla Batería (15 goles) e Solano (11 goles) asegura pólvora e desequilibrio nun bloque de xogadores envidiable, no que tamén destacan os Abbasi, Rafael Rato, Edu, Nano, Matheus Preá, Ivi...

No partido da primeira volta, os noieses deron a sorpresa levándose a vitoria do Virgen de la Cabeza por 3-4, con tantos de Power Raggiati, Machado e un dobrete de Edu Jabá. En principio, Marlon Velasco contará con todas as súas pezas como dispoñibles, polo que terá que realizar un último descarte para intentar repetir fazaña diante dun dos planteles máis potentes da Primeira División, no que ademais será o último partido do Portus Apostoli na casa ata dentro dun mes.

 

Declaracións previas



Entradas


NON SOCIOS: 20€


XUVENIL (non socios entre 14 e 17 anos): 15€


INFANTIL (non socios menores de 14 anos): 10€


SOCIOS: GRATIS


Nenos/as da Escola Deportiva do club que non sexan socios/as: 5€ de descuento.


Á venda na plataforma online noiafs.acyti.com, no local social (Rúa Carcasía, 7) en horario de atención ao público de 12h a 13h e 18h a 19h e, se quedaran dispoñibles, o sábado 18 en taquilla do Municipal Agustín Mourís a partir das 17:00h.


Emisión en directo


LaLiga Sports TV emitirá en directo o encontro este sábado 18 a partir das 19:00h.


Árbitros


Os asturianos Diego Gallo Suárez e Rubén Hevia Campa.


Precedentes


·7 de outubro de 2017 | X4 Segunda División 2017/2018 | NPA 1-4 VAL

·3 de febreiro de 2018 | X19 Segunda División 2017/2018 | VAL 3-2 NPA

·15 de decembro de 2020 | Oitavos de final Copa do Rei 2020/2021 | NPA 1-4 VAL

·23 de outubro de 2022 | X5 Primera División 2021/2022 | VAL 3-4 NPA

Comments


bottom of page