top of page

PREVIA X1 PRIMEIRA DIVISIÓN FS | Noia Portus Apostoli FS – ATP Iluminación Tudelano Ribera Navarra FS | Por fin empeza a Liga!


Venres, 11/10/2024 · 16:30h · Imaxe: Foto Pichero | O equipo noiés estrea o seu terceiro curso na elite recibindo aos de Tudela este sábado 12 ás 18:00h, emitido por FEF TV.


5 meses e 1 día despois, regresa a Primeira División FS para o Noia Portus Apostoli FS. Ante o fin deste inusual e largo paréntese entre curso e curso, é xusto dicir que, por fin, volve o bo. Os brancos darán inicio na casa á súa terceira campaña consecutiva na mellor Liga do mundo, recibindo ao ATP Iluminación Tudelano Ribera Navarra FS este sábado 12 ás 18:00h.


Atrás quedaron sete semanas de extensa e proveitosa pretemporada para os noieses, que puideron medir o seu nivel contra grandes conxuntos, incluso a nivel continental, demostrando boas sensacións e melloría ao largo do transcurso dos adestramentos e partidos. Este dilatado período de preparación tamén permitiu levar a cabo un doce proceso de adaptación dos reforzos estivais e, ademais, recuperar a Attos, quen xogou os seus primeiros minutos no último amistoso en Braga tras case oito meses de baixa.


Aos tudelanos tamén lles viu ben a prolongación no tiempo desta pretemporada, na súa condición de equipo que máis fichaxes realizou. Ata 10 caras novas no conxunto dirixido por Álvaro Cordón “Cone”, entre as que están Joselito, Sepe, Éric Pérez ou o ex noiés João Batista. Ao igual que os noieses, o ATP Iluminación Tudelano Ribera Navarra FS pretende ter unha temporada máis tranquila, sempre co seu característico estilo de xogo, na que será a súa 14ª na elite, tras unha 23/24 na que selaron a permanencia nos minutos finais da última xornada. No seu último amistoso, os navarros superaron a penaltis ao Servigroup Peñíscola FS despois de empatar 6-6 nos 40 minutos.


Acabáronse as probas e podemos berralo ben alto: volve a Primeira División FS. E no que é unha novidade, o Portus Apostoli estreará un curso entre os mellores como local, nun Agustín Mourís que este sábado 12 ás 18:00h, por fin, volverá a brillar no seu total esplendor.


 

Declaracións previas


Entradas

Á venda na páxina web noiafs.compralaentrada.com/eventos. Se quedan dispoñibles, poñeranse á venda na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís a partir das 16:30h. Toda a información sobre a venda de entradas, AQUÍ.


Emisión en directo

O duelo contará coa emisión en directo e en exclusiva a través das cámaras da plataforma de pago FEF TV, por web e app, este sábado 12 a partir das 18:00h.


Árbitros

Rubén Ferrero Carballal e Sergio Sánchez Llorente, do comité cántabro. O balance noiés con Ferrero Carballal é dunha derrota; con Sánchez Llorente, tres derrotas.


Precedentes

·10 de decembro de 2013 | Oitavos de final Copa do Rei FS 2013/2014 | NPA 0-5 TRN


·1 de outubro de 2022 | X3 Primeira División FS 2022/2023 | TRN 2-3 NPA


·28 de xaneiro de 2023 | X18 Primeira División FS 2022/2023 | NPA 3-2 TRN


·15 de novembro de 2023 | X11 Primeira División FS 2023/2024 | NPA 2-1 TRN


·6 de abril de 2024 | X26 Primeira División FS 2023/2024 | TRN 2-7 NPA

Comments


bottom of page