top of page

PREVIA X1 PRIMEIRA DIVISIÓN FS | Quesos El Hidalgo Manzanares FS - Noia Portus Apostoli FS | Empeza o cuarto capítulo na elite

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 5 hours ago
  • 3 min read
Venres, 05/09/2025 · 14:11h · Imaxe: Foto Pichero | Comeza unha nova temporada (sáb. 06/09, 16:00h. TV: LALIGA+ e CMM Play) en Primeira coa máxima ambición e ilusión nos noieses.
Venres, 05/09/2025 · 14:11h · Imaxe: Foto Pichero | Comeza unha nova temporada (sáb. 06/09, 16:00h. TV: LALIGA+ e CMM Play) en Primeira coa máxima ambición e ilusión nos noieses.

Empeza o bo! A Primeira División FS 2025/2026 dá o seu arranque para o Noia Portus Apostoli FS este sábado 6 ás 16:00h, cando renderá visita ao Quesos El Hidalgo Manzanares FS (en directo por LALIGA+ e CMM Play).


Contador a cero. Con toda a ilusión do mundo afronta esta nova temporada o cadro de David Palmas, incentivado por un gran tramo de preparación que concluiu cun espectacular triunfo sobre o tricampión europeo e bicampión mundial. Seis xogadores poderían debutar en partido oficial, todas as incorporacións realizadas neste mercado estival. Ata o momento, Ismael, Varsalona, Churrasco, Biel, Leozin e Macedo deixaron, ao igual que os seus compañeiros, unha impresión positiva na retina dos afeccionados brancos, e agora é o momento de trasladar esas boas sensacións á competición.


ree

Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Varsalona, Macedo e Churrasco, tres dos máis que probables debutantes.


E é que volve o que todos agardabamos. Esas ganas. Eses nervios. Esa emoción. Ese espectáculo. O cuarto capítulo do Noia Portus Apostoli FS na elite escribe este sábado a súa primeira páxina de trinta por diante pleno de ambición e confianza.


O inicio, en lugar hostil


O Portus Apostoli debuta en Manzanares, onde nunca sequera sumou. Sete visitas, sete derrotas. Os de Juanlu Alonso son un dos conxuntos que mellor defende o seu feudo e quererán demostralo unha vez máis na estrea deste curso, para o que se reforzaron con xogadores de calidade como Khalid e Eloy de Pablos, un peche de garantías en Toni Escribano e a aposta exótica co á afgano Mehran Gholami. Xunto a eles, o bloque máis que recoñecible conformado por Daniel, Juan Emilio, Antonio Navarro, Antoñito, Raúl Campos, Javi Alonso ou Álvaro, entre outros. Na súa quinta temporada na categoría, os manzanareños buscarán esquecer unha complicada cuarta e reverdecer loureiros do logrado na terceira, na que xogaron Copa e PlayOff.



Declaracións previas


O desprazamento

A expedición blanca subiuse ao autobús o venres ás 11:50h, xusto despois de completar o último adestramento previo ao partido. Chegada prevista ao hotel de concentración en Manzanares ás 22:00h.


ree

Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Primeira viaxe da temporada.


Emisión en directo

O duelo contará coa emisión en directo a través de LALIGA+ (baixo suscrición) e CMM Play (gratis), ambas por web e app, este sábado 6 a partir das 16:00h.


Árbitros

Juan José Cordero Gallardo, do comité andaluz e Sergio Salomé Vizuete, do comité estremeño. Con Cordero Gallardo, balance dun empate e unha derrota; con Salomé Vizuete, unha vitoria, un empate e dúas derrotas.


Precedentes (balance oficial: 5V-1E-8D)

·16 de decembro de 2017 | X14 Segunda División FS 2017/2018 | NPA 3-1 QHM


·21 de abril de 2018 | X29 Segunda División FS 2017/2018 | QHM 4-1 NPA


·15 de decembro de 2018 | X14 Segunda División FS 2018/2019 | QHM 4-2 NPA


·27 de abril de 2019 | X29 Segunda División FS 2018/2019 | NPA 8-3 QHM


·12 de outubro de 2019 | X5 Segunda División FS 2019/2020 | QHM 7-3 NPA


·8 de febreiro de 2020 | X20 Segunda División FS 2019/2020 | NPA 3-3 QHM


·6 de marzo de 2021 | X2 Segunda División FS – Grupo C 2020/2021 | QHM 1-0 NPA


·10 de abril de 2021 | X6 Segunda División FS – Grupo C 2020/2021 | NPA 3-2 QHM


·10 de decembro de 2022 | X13 Primeira División FS 2022/2023 | NPA 2-1 QHM


·5 de maio de 2023 | X28 Primeira División FS 2022/2023 | QHM 3-2 NPA


·25 de novembro de 2023 | X13 Primeira División FS 2023/2024 | NPA 2-6 QHM


·27 de abril de 2024 | X28 Primeira División FS 2023/2024 | QHM 6-5 NPA


·24 de novembro de 2024 | X8 Primeira División FS 2024/2025 | QHM 2-0 NPA


·20 de abril de 2025 | X26 Primeira División FS 2024/2025 | NPA 4-2 QHM

Comments


bottom of page