
Venres, 21/02/2025 · 17:45h · Imaxe (de arquivo): Foto Pichero | Os noieses visitan a cidade califal (sáb. 22/02, 18:00h, FEF TV) con ansias de reenganchar a boa dinámica neste apretado febreiro.
Dixérono David Palmas e Pirata, adestrador e capitán, no post partido da avultada derrota do pasado mércores ante Servigroup Peñíscola: “non hai tempo para lamentarse”. O Portus Apostoli xa mira só e exclusivamente á xornada 19 e a este sábado 22 ás 18:00h, cando visitará a pista do Córdoba Patrimonio de la Humanidad noutro encontro moi importante deste mes de febreiro sen respiro.
Mes e medio despois, o Noia volveu a ceder en Liga. Poco durou a alegría de saír do descenso, xa que o triunfo do ATP Iluminación Tudelano Ribera Navarra FS o martes en Valdepeñas devolveu aos brancos á 15ª praza, a 1 punto dos 12 que posúen os laranxas. O plantel noiés terá unha nova oportunidade de volver a sacar a cabeza apenas tres días máis tarde, co foco posto en reaxustar puntería de cara a porta, corrixir erros a contrarreloxo e, tamén, mirando de esguello ao que fagan os seus actuais rivais directos.
O Portus Apostoli visita no Vista Alegre califal a un Córdoba Patrimonio de la Humanidad que atravesa un momento de dúbidas en canto a resultados. Só 1 vitoria (4-3 ante Tudelano Ribera Navarra) desde que comezara o 2025 suman os dirixidos polo ex noiés Ema Santoro, con 1 empate e 5 derrotas como demais colleitas. Na xornada intersemanal, os cordobeses caeron por 0-3 na casa ante Osasuna Magna, marcador tras o que se sitúan 12º con 19 puntos, a 7 do PlayOff e 8 por enriba dun descenso que marcan os noieses. Felipe Echavarría, con 8 dianas, é o máximo anotador dos branquiverdes, nos que tamén figuran xogadores como Juanan, Kauê, Pablo del Moral, Arnaldo Báez, Murilo Duarte ou, como non, o ex capitán branco Lluc.
Non hai pausa nin momento para festexos ou desacougo. Este frenético tramo de curso da Primeira División FS require concentración e competitividade no máis inmediato, e niso está o Noia Portus Apostoli FS para intentar regresar de Córdoba con tres puntos de moito valor.
Declaracións previas
O desprazamento
Apenas 24 horas despois do partido da xornada 18, o Portus Apostoli arrancou por estrada en dirección ao seu hotel de concentración en La Carlota (Córdoba). O venres pola mañá os de David Palmas realizaron no Palacio Municipal de Vista Alegre o último adestramento previo ao duelo.
Emisión en directo
O encontro emitirase en directo e en exclusiva a través da plataforma de pago FEF TV, en web e app, este sábado 22 de febrero a partir das 18:00h.
Árbitros
Andrés Botella López e Francisco Castillo López, do comité murciano. Balance de dúas derrotas en dous partidos con este dúo.
Precedentes
·21 de outubro de 2017 | X6 Segunda División FS 2017/2018 | NPA 4-6 CPH
·17 de febreiro de 2018 | X21 Segunda División FS 2017/2018 | CPH 7-2 NPA
·29 de setembro de 2018 | X3 Segunda División FS 2018/2019 | CPH 2-2 NPA
·26 de xaneiro de 2019 | X18 Segunda División FS 2018/2019 | NPA 1-1 CPH
·15 de febreiro de 2022 | 1/8 de final Copa do Rei FS 2021/2022 | NPA 2-3 CPH
·10 de setembro de 2022 | X1 Primeira División FS 2022/2023 | CPH 4-5 NPA
·14 de xaneiro de 2023 | X16 Primeira División FS 2022/2023 | NPA 4-2 CPH
·25 de xaneiro de 2023 | 1/8 de final Copa do Rei FS 2022/2023 | CPH 2-3 NPA
·9 de setembro de 2023 | X2 Primeira División FS 2023/2024 | NPA 2-4 CPH
·13 de xaneiro de 2024 | X17 Primeira División FS 2023/2024 | CPH 7-2 NPA
·30 de novembro de 2024 | X9 Primeira División FS 2024/2025 | NPA 1-1 CPH
Comments