top of page

PREVIA X18 PRIMEIRA DIVISIÓN FS | Servigroup Peñíscola FS - Noia Portus Apostoli FS | Regresa a competición!

  • 1 day ago
  • 3 min read
Venres, 13/02/2026 · 15:26h · Imaxe: Foto Pichero | O cadro noiés reinicia a actividade ligueira visitando o Juan Vizcarro de Peñíscola (sáb. 14/02, 18:00h. TV: LALIGA+).
Venres, 13/02/2026 · 15:26h · Imaxe: Foto Pichero | O cadro noiés reinicia a actividade ligueira visitando o Juan Vizcarro de Peñíscola (sáb. 14/02, 18:00h. TV: LALIGA+).

A Primeira División FS regresa máis dun mes despois tras o fin do parón internacional, e para o Noia Portus Apostoli FS faino con visita ao Servigroup Peñíscola FS este sábado 14 ás 18:00h pola 18ª xornada.


Lonxe, excesivamente lonxe queda o último partido disputado polos noieses ata a data. Foi o sábado 10 de xaneiro, cun importante triunfo ante ATP Iluminación Ribera Navarra FS nas últimas rabexadas do Nadal. 34 días despois, en pleno Entroido, os brancos reactivan a persecución do obxectivo da permanencia. Unha vitoria colocaríaos coa mesma cantidade de puntos cos que se finalizou o pasado curso e a só tres dos famosos 30 que outorgan a salvación virtual. Este choque podería supoñer o debut dos reforzos invernais, Monteros e Gui Lima.


Gui Lima (co balón), unha das posibles novedades | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Gui Lima (co balón), unha das posibles novedades | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

Por fin, regresa a Primeira División FS. Por fin, volve o Noia Portus Apostoli FS. Por diante, un mes de febreiro especial e ilusionante que empeza en Peñíscola con tres suculentos e moi relevantes puntos en xogo.


O Juan Vizcarro, terreo hostil


Máis aló do que suceda e como se desenvolvan, os enfrontamentos ante Servigroup Peñíscola son, historicamente, sinónimo de pouco premio a nivel de puntos. De feito, no feudo peñiscolano o balance noiés é de tres derrotas en tres partidos. Entre cella e cella está romper esa estatística e, de paso, deixar máis atrás a un conxunto dirixido por Santi Valladares ao que os noieses ven polo retrovisor na táboa, con 4 unidades de diferenza -12º con 20-. Nas filas do vixente campión da Copa de España FS militan varios internacionais españois, como o meta Gus, Juanqui, Sancho ou Diego Quintela, así como o chileno Araya, o paraguaio Gio e os arxentinos Plaza e a única incorporación invernal, o porteiro Lukas Acosta. Por outro lado, abandonaron a disciplina castellonense neste mesmo período Lucas Rocha e Cristian.



Declaracións previas



O desprazamento

A expedición noiesa iniciou a súa viaxe en autobús o xoves pola noite, con chegada prevista na mañá do venres, cando realizaron no Pavillón de Castalia (Castellón) o último adestramento previo ao partido.


Emisión en directo

O duelo contará coa emisión en directo e en exclusiva a través de LALIGA+ (baixo subscripción), por web e app, este sábado 14 a partir das 18:00h.


Árbitros

Carlos Rodrigo Miguel e Fermín Ángel Sánchez-Molina Tapiador, do comité castelán-manchego. Balance con ambos de dous triunfos e tres derrotas.


Precedentes (balance oficial: 0V-1E-6D)

·6 de novembro de 2021 | X10 Segunda División FS 2021/2022 | PEÑ 4-1 NPA


·12 de marzo de 2022 | X27 Segunda División FS 2021/2022 | NPA 2-2 PEÑ


·18 de outubro de 2023 | X6 Primeira División FS 2023/2024 | NPA 2-5 PEÑ


·2 de marzo de 2024 | X21 Primeira División FS 2023/2024 | PEÑ 5-3 NPA


·16 de novembro de 2024 | X6 Primeira División FS 2024/2025 | PEÑ 2-0 NPA


·19 de febreiro de 2025 | X18 Primeira División FS 2024/2025 | NPA 2-5 PEÑ


·1 de novembro de 2025 | X8 Primeira División FS 2025/2026 | NPA 1-2 PEÑ

Comments


bottom of page