PREVIA X18 (aprazado) PRIMEIRA DIVISIÓN FS | Servigroup Peñíscola FS - Noia Portus Apostoli FS | A por un importante triunfo e un bálsamo
- 1 hour ago
- 3 min read

O Noia Portus Apostoli FS visita este martes 3 ás 20:30h ao Servigroup Peñíscola FS, no que será a recuperación do partido da xornada 18 de Primeira División FS, aprazado o pasado 14 de febreiro pola alerta de vento na Comunitat Valenciana.
Os noieses aínda non coñecen a vitoria despois do regreso do parón de selecciones. Iso si, tivérona preto nos tres compromisos disputados. Escapóuselle nos penaltis na Copa do Rei FS ante Viña Albali Valdepeñas e, a continuación, na Liga coas remontadas sufridas na casa contra ElPozo Murcia Costa Cálida FS e Industrias Santa Coloma. Esta última, a do pasado venres, deixando un mal sabor de boca que o equipo de David Palmas quere quitar canto antes.

De novo, todos os xogadores, a excepción do lesionado de larga duración Leozin, están a disposición do técnico do Portus Apostoli, que terá que descartar a un para completar a lista de catorce que buscarán en terras peñiscolás tres puntos para recuperar as boas sensacións e achegarse aos desexados 30 puntos da permanencia virtual.
O Juan Vizcarro, terreo hostil
Para iso, haberá que romper as estatísticas. Máis aló do que sucedera e como se desenvolveran, o conxunto noiés nunca gañou fronte ao Servigroup Peñíscola FS, e moito menos no Juan Vizcarro, onde encaixou tres derrotas en tres visitas. Desfacer ese dato tamén suporía afastar na táboa ao equipo de Santi Valladares, situado 13º con 22 puntos, a 2 dos brancos, e que vén de empatar na casa (2-2) contra Osasuna Magna. Nas filas do vixente campión da Copa de España FS militan varios internacionais españois, os casos do meta Gus, Juanqui, Sancho ou Diego Quintela, así como o chileno Araya, o paraguaio Gio e os arxentinos Plaza e a única incorporación invernal, o porteiro Lukas Acosta. Por outro lado, abandonaron a disciplina castellonense neste mismo período Lucas Rocha e Cristian.
Declaracións previas
O desprazamento
Este luns pola noite, viaxe en avión para a expedición noiesa, que aterrará en Valencia preto da madrugada.
Emisión en directo
O duelo contará coa emisión en directo e en exclusiva a través de LALIGA+ (baixo subscripción), por web e app, este martes 3 a partir das 20:30h.
Árbitros
Carlos Rodrigo Miguel e Fermín Ángel Sánchez-Molina Tapiador, do comité castelán-manchego. Balance con ambos de dous triunfos e tres derrotas.
Precedentes (balance oficial: 0V-1E-6D)
·6 de novembro de 2021 | X10 Segunda División FS 2021/2022 | PEÑ 4-1 NPA
·12 de marzo de 2022 | X27 Segunda División FS 2021/2022 | NPA 2-2 PEÑ
·18 de outubro de 2023 | X6 Primeira División FS 2023/2024 | NPA 2-5 PEÑ
·2 de marzo de 2024 | X21 Primeira División FS 2023/2024 | PEÑ 5-3 NPA
·16 de novembro de 2024 | X6 Primeira División FS 2024/2025 | PEÑ 2-0 NPA
·19 de febreiro de 2025 | X18 Primeira División FS 2024/2025 | NPA 2-5 PEÑ
·1 de novembro de 2025 | X8 Primeira División FS 2025/2026 | NPA 1-2 PEÑ





Comments