Nun partido que tomará especial significado pola estrea do himno oficial do Club, os noieses intentarán superar a un dos grandes equipos do campionato no último encontro do ano.
Os cántabros Sergio Sánchez Llorente e Víctor Toca campo dirixirán o duelo, este sábado 23 a partir das 18:00h en directo por FEF TV.
Último partido do ano 2023, primeiro da segunda volta e, ademais, o último no Agustín Mourís en algo menos de dous meses para o Noia Portus Apostoli FS, que se enfrontará este sábado 23 ás 18:00h, en choque da xornada 16 da Primeira División FS, ao Jimbee Cartagena, co engadido da estrea en vivo do recén desvelado himno oficial do Club.
Dúas semanas despois do fantástico triunfo sobre o Movistar Inter, os de Tomás de Dios buscarán repetir proeza ante outro dos equipos potentes do campionato. De similar maneira que aquel día, no que entraron catro xogadores desde o banco, as baixas lastrarán no aspecto numérico aos noieses, algo que vén repetíndose ata o momento desde o inicio do curso.
O último rival do 2023 será o primeiro da temporada, un Jimbee Cartagena que acabou a metade inicial do curso 4º con 26 puntos, a apenas 2 de asaltar a 2ª praza. Duda conta cun plantel de altísima calidade, cos Lucao, Mellado, Bebe, Chemi, Javi Mínguez, etc. conformando un bloque moi fiable, que apenas perdeu 3 partidos, os que menos xunto a Barça e ElPozo. A diferenza, os empates, o que lle conseguiron arrincar os brancos no debut ligueiro, alá por setembro, nun vibrante 5-5.
A pesar das ausencias, o Portus Apostoli deixarao todo para terminar o año e encarar as festividades de Nadal con máis tranquilidade, algo que cobra notoria relevancia tendo en conta que, tras o primeiro partido do 2024, o 14 de xaneiro, comezará o parón máis grande da temporada, cun mes sen fútbol sala. En deixar ese bo sabor de boca xogará un papel importante tamén unha afección que, xunto ao Club, este sábado agardan redondear unha tarde xa de por si especial.
Declaracións previas
Emisión en directo
El partido emitirase en directo por FEF TV este sábado 23 a partir das 18:00h.
Árbitros
Os cántabros Sergio Sánchez Llorente e Víctor Toca Campo. En Primeira División con esta parella, dúas derrotas en dous partidos.
Precedentes
·6 de decembro de 2022 | X12 Primeira División 2022/2023 | JCT 2-1 NPA
·29 de abril de 2023 | X27 Primeira División 2022/2023 | NPA 2-4 JCT
·2 de setembro de 2023 | X1 Primeira División 2023/2024 | JCT 5-5 NPA
Commentaires