top of page

PREVIA X15 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | ADC Lugo Sala - Noia Portus Apostoli FS “B” | Terminar o ano con sorriso

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 4 hours ago
  • 2 min read
Sábado, 20/12/2025 · 12:26h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O Filial viaxa a Lugo para o último partido do 2025 (dom. 21/12, 13:00h. TV: tiivii.gal) co obxectivo de regresar á senda do triunfo.
Sábado, 20/12/2025 · 12:26h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O Filial viaxa a Lugo para o último partido do 2025 (dom. 21/12, 13:00h. TV: tiivii.gal) co obxectivo de regresar á senda do triunfo.

O Noia Portus Apostoli FS “B” clausura o 2025 visitando, este domingo 21 ás 13:00h, ao ADC Lugo Sala pola 15ª xornada ligueira que, ademais, poñerá fin á primeira volta da competición.


O equipo de Chipi buscará na cidade amurallada terminar o ano cun bo sabor de boca, o que este mes de decembro se empeñou en quitarlle despois dun primeiro terzo de campionato espectacular. As numerosas baixas e a mala fortuna en momentos clave -véxase o gol encaixado a 1 segundo do final que custou o empate en A Coruña ou as ocasións malgastadas hai unha semana contra Deporcyl Guardo FS- provocan que os filialistas cheguen a este encontro nunha xeira de catro xornadas sen gañar e na 6ª praza con 24 puntos, cando hai non tanto eran 2º.


Duelo directo ante un dos favoritos


A mesma cantidad ten no seu casilleiro o ADC Lugo Sala, 5º por mellor diferenza de goles. Os lucenses, conxunto descendido da Segunda División FS, partían por esa condición como un dos avantaxados para lograr o título e loitar o ascenso. Porén, aos de Fermín Hidalgo estalles a custar a readaptación á categoría, con resultados irregulares que o manteñen lonxe dunha cabeza clasificatoria á que pretenden recurtarlle distancia nesta segunda parte do campionato.



Emisión en directo

O partido poderase seguir en directo, gratis e previo rexistro a través de tiivii.gal.


Árbitros

Iria de Luis Iglesia e Sergio López Riveiros.


Precedentes

·22 de setembro de 2018 | X2 Preferente Autonómica FS – Grupo Norte 2018/2019 | NPA “B” 2-4 LUG


·2 de febreiro de 2019 | X17 Preferente Autonómica FS – Grupo Norte 2018/2019 | LUG 4-3 NPA “B”


·5 de xuño de 2021 | Semifinal fase de ascenso a Segunda División “B” FS 2020/2021 – partido de ida | NPA “B” 0-2 LUG


·13 de xuño de 2021 | Semifinal fase de ascenso a Segunda División “B” FS 2020/2021 – partido de volta | LUG 4-1 NPA “B”


·4 de decembro de 2021 | X12 Terceira División FS – Grupo 8 2021/2022 | LUG 8-0 NPA “B”


·10 de abril de 2022 | X27 Terceira División FS – Grupo 8 2021/2022 | NPA “B” 2-6 LUG

Comments


bottom of page