
Venres, 24/01/2025 · 17:10h · Imaxe: Foto Pichero | Os de David Palmas pechan a primeira volta cun duelo directo en Zaragoza (sáb. 25/01, 19:00h, FEF TV) que pode marcar boa parte da temporada.
A primeira volta do campionato ligueiro 24/25 conclúe para o Noia Portus Apostoli FS cunha trascendental visita a Zaragoza (sáb. 25/01, 19:00h, FEF TV), nun duelo por todo o baixo entre penúltimo e último da táboa no que os noieses están obrigados a sumar de tres para empezar a achegarse á zona de permanencia.
O conxunto dirixido por David Palmas chega a esta cita como 16º e pechacancelas con tan só 4 puntos e sen coñecer aínda a vitoria tras 14 partidos, moitos deles cun desenlace e resultado excesivamente crueis para o despregue realizado. De aí a calidade de “urxente” que toma o lograr o triunfo ante un dos rivales directos, situado un posto e 4 puntos por riba na clasificación, ao igual que ATP Iluminación Tudelano Ribera Navarra FS, que marca a salvación. Dentro da negativa dinámica, os noieses alcanzan esta 15ª jornada con bo sabor de boca, sumando nos seus dous anteriores encontros (2-2 en Burela e 3-3 ante Illes Balears Palma Futsal) e tras lograr o pase á final da XXXIII Copa Galicia a semana pasada aproveitando o parón ligueiro.
A pesar de enfrentarse só nunha ocasión, o Wanapix Sala 10 non é para nada un opoñente descoñecido para os noieses, xa que dito duelo levouse a cabo hai algo máis de dúas semanas, nos oitavos de final da Copa do Rei FS. Os maños levaron do Mourís a vitoria (2-3) e o pase de eliminatoria, remontando o marcador dun choque igualado, algo que se agarda que se repita este sábado no Centro Deportivo Municipal Siglo XXI. É precisamente aí, no seu feudo, onde os de Jorge Palos se fan máis fortes. 7 dos seus 8 puntos chegaron como locais, incluídos os seus dous triunfos contra Córdoba Patrimonio de la Humanidad e ElPozo Murcia Costa Cálida FS. No seu anterior partido ligueiro, os zaragozanos encaixaron unha derrota pola mínima (4-3) e nos últimos segundos na pista do Quesos Hidalgo Manzanares FS.
Ao remate dos 40 minutos en Zaragoza aínda restarán 15 partidos por disputarse e 45 puntos por repartirse para cada equipo nesta Primeira División FS. Non será unha final, nin moito menos o resultado dictará sentenza algunha, pero choques como estes son os que poden marcar dinámicas e fases de la temporada, e sábeo ben un Portus Apostoli que traballou ao máximo cada detalle para que este, vital, caia do seu carón.
Declaracións previas
El desplazamiento
A expedición noiesa iniciou a súa viaxe en autobús cara Zaragoza o venres ao mediodía, tras a última sesión de adestramento da semana, con chegada prevista ao hotel de concentración ás 22:15h.
Emisión en directo
O encontro emitirase en directo e en exclusiva a través da plataforma de pago FEF TV, en web e app, este sábado 25 de xaneiro a partir das 19:00h.
Árbitros
Jorge González Moreta e Luis Sánchez Chamorro, do comité madrileño. Balance con González Moreta de tres vitorias, un empate e catro derrotas. Con Sánchez Chamorro, tres gañados e tres perdidos.
Precedentes
·7 de xaneiro de 2025 | 1/8 de final Copa do Rei FS 2024/2025 | NPA 2-3 WAN
Comentários