PREVIA X14 PRIMEIRA DIVISIÓN FS | Family Cash Alzira FS - Noia Portus Apostoli FS | Oportunidade para abrir máis distancia
- Departamento prensa Noia PA FS

- 19 hours ago
- 3 min read

O Noia Portus Apostoli FS finaliza a súa semana de excursión lonxe de casa cun partido de fundamental dimensión. Os de David Palmas visitan este sábado 13 ás 18:00h ao Family Cash Alzira FS, actual último clasificado do campionato, pola xornada 14 ligueira coa misión de facerse con tres puntos de moita significancia no obxectivo da salvación.
Co check verde posto ao compromiso copeiro do mércores en Málaga, o Portus Apostoli volve á Liga consciente da importancia deste, o seu último duelo a domicilio do ano. Lograr a vitoria suporía colocarse con 20 puntos e abrir máis fenda con, polo menos, un dos ocupantes da zona de descenso, ademais de seguir con opcións de asaltar postos de top 8 a unha data de finalizar a primeira volta.

Os noieses terán que esquivar o inevitable cansancio físico provocado polo recente partido de Copa do Rei FS e as moitas horas de autobús a través da confianza e a solidez demostrada nas últimas semanas, dous dos ingredientes que poden achegar ao Noia a un desexado e importante triunfo.
Partido vital para Family Cash Alzira FS
A presión e a responsabilidade estarán no teito do Family Cash Alzira FS. Nunha situación similar na táboa á que atravesaba o Portus Apostoli hai un ano por estas datas, practicamente todo o que veña agora para os alzireños serán finais. Pechacancelas con 4 unidades, o equipo de Braulio Correal está a 7 da salvación. Iso si, os resultados non reflicten as súas actuacións. Conxuntos como Illes Balears Palma Futsal, Barça ou, no último exemplo, Jaén Paraíso Interior FS tiveron que suar do lindo para superar aos de azul, sempre competitivos e rebeldes. Nas súas filas, un dos máximos goleadores, Rubi con 8 dianas. Ao igual que os noieses, o Family Cash tamén tivo compromiso copeiro entre semana, concluíndo a súa participación (4-0) ante o que será o rival dos brancos en cuartos, Viña Albali Valdepeñas.
Declaracións previas
O desprazamento
A expedición noiesa aloxouse en Almussafes -localidade cercana a Valencia- na noite do xoves, chegado desde San Pedro Alcántara. O mediodía do venres, o equipo realizou a última sesión previa ao partido.
Emisión en directo
O duelo contará coa emisión en directo e en exclusiva a través de LALIGA+ (baixo subscripción), por web e app, este sábado 13 a partir das 18:00h.
Árbitros
Jorge González Moreta e Luis Sánchez Chamorro, do comité madrileño. Balance con González Moreta de cinco triunfos, un empate e catro derrotas; con Sánchez Chamorro, cinco gañados e tres perdidos.
Precedentes (balance oficial: 4V-1E-1D)
·28 de setembro de 2019 | J3 Segunda División FS 2019/2020 | ALZ 3-4 NPA
·25 de xaneiro de 2020 | J18 Segunda División FS 2019/2020 | NPA 2-2 ALZ
·11 de setembro de 2021 | J1 Segunda División FS 2021/2022 | ALZ 2-4 NPA
·8 de xaneiro de 2022 | J18 Segunda División FS 2021/2022 | NPA 3-2 ALZ
·21 de outubro de 2023 | X7 Primeira División FS 2023/2024 | NPA 2-1 ALZ
·5 de marzo de 2024 | X22 Primeira División FS 2023/2024 | ALZ 4-2 NPA











Comments