PREVIA X13 PRIMEIRA DIVISIÓN FS | Noia Portus Apostoli FS – Barça | A ilusión contra o todopoderoso
- Departamento prensa Noia PA FS

- 2 days ago
- 3 min read
Una das datas sinaladas por todo afeccionado, deses partidos que motivan a todo xogador e adestrador. O Noia Portus Apostoli FS bátese este sábado 6 a partir das 16:30h co Barça, un dos mellores equipos da Liga e do Mundo, en compromiso da xornada 13 de Primeira División FS.
Este duelo de altura chégalle ao conxunto noiés nunha gran dinámica de resultados. En todas as competicións a xeira é de catro triunfos seguidos, dous deles na Liga, onde ademais acumula tres xornadas sumando que o colocan 10º con 17 puntos -récord do Club nunha primeira volta na elite-, a 1 do top 8 e con 12 sobre a zona de descenso.

Pero, ademais, tamén serviu para reforzar se cabe a confianza dun grupo que non titubea ante as adversidades e sábese capaz de crear tardes para o recordo. A base de ilusión e arroupado por un Agustín Mourís que se espera cheo ata a bandeira, buscarán outro exemplo diso nun sábado que será espectacular.
Un Barça en busca de recuperar a súa mellor versión
Este verán o Barça abriu unha nova etapa. O adeus ao adestrador Tino Pérez, a retirada de Lozano e a marcha de Dyego deron paso ao novo técnico Javi Rodríguez e zume novo con Gauna, Pol Pacheco e o ex noiés João Víctor. Estas incorporacións, xunto ao paso adiante dun plantel de enorme calidade e cargado de pólvora -50 goles a favor, o equipo que máis marca da Liga- liderado por Pito, posicionan a este Barça como un dos que mellores sensacións transmite nos últimos tempos. Na táboa son 2º con 26 unidades, perseguindo ao líder ElPozo e a un pasiño de pechar matematicamente a súa clasificación á Copa de España FS. No seu anterior compromiso, os culés superaron ao Illes Balears Palma Futsal por 2-0.
Declaracións previas
Entradas
ENTRADAS ESGOTADAS, a expensas de posibles liberaciones de abonados Sentimento. Si hubiera liberaciones, se podría comprar entradas en noiafs.compralaentrada.com/eventos y/o en la puerta de acceso del Municipal Agustín Mourís el día del partido a partir de las 15:00h.
Emisión en directo
El duelo contará con la emisión en directo a través de LALIGA+ (bajo suscripción), por web y app, y Esport3 en web este sábado 6 a partir de las 16:30h.
Árbitros
Óscar Ropero Lara e Samuel Gabaldón Rico, do comité valenciano. Balance con esta parella dun empate e catro derrotas.
Precedentes (balance oficial: 1V-0E-5D)
·5 de novembro de 2022 | X7 Primeira División FS 2022/2023 | NPA 2-4 FCB
·11 de marzo de 2023 | X22 Primeira División FS 2022/2023 | FCB 3-4 NPA
·30 de setembro de 2023 | X4 Primeira División FS 2023/2024 | NPA 5-8 FCB
·17 de febreiro de 2024 | X19 Primeira División FS 2023/2024 | FCB 3-1 NPA
·9 de novembro de 2024 | X5 Primeira División FS 2024/2025 | NPA 0-4 FCB
·4 de maio de 2025 | X28 Primeira División FS 2024/2025 | FCB 4-1 NPA












Comments