top of page

PREVIA X13 | Noia Portus Apostoli FS-Quesos el Hidalgo Manzanares FS | Sobrepoñerse á revelación

Os de Tomás de Dios reciben á gran sensación desta primeira volta ligueira, co obxectivo dunha importante vitoria tras dúas derrotas seguidas entre Liga e Copa.
O galego Rubén Ferrero Carballal e o vasco Eder Gómez de Salazar arbitrarán o encontro, este sábado 25 a partir das 16:00h, con emisión en directo por FEF TV.

(foto: Manuel Lorenzo)

Último partido deste atarefado mes de novembro para o Noia Portus Apostoli FS, que recibirá o sábado 25 a partir das 16:00h ao sorprendente terceiro clasificado da Primeira División FS, o Quesos el Hidalgo Manzanares FS, pola xornada 13 ligueira.


As derrotas en Santa Coloma e en Mengíbar, esta última que supuxo a eliminación de Copa do Rei, deixaron tocado a un Portus Apostoli que, tras o triunfo contra Ribera Navarra, confiaba incluso en meterse de cheo na loita pola Copa de España. As opcións seguen existindo, aínda que xa son menores. Pero o vestiario noiés só mira á fronte, ao que vén por diante, coa meta de centrarse en sumar no partido que teña no horizonte dos 4 de Liga (3 deles na casa) que quedan antes do parón de Nadal.


Unha situación contraria vive o Quesos el Hidalgo Manzanares FS. Os queixeiros atravesan, sen dúbida, o mellor momento da súa historia, no seu terceiro curso seguido na elite. Terceiros con 25 puntos e 8 vitorias, coa súa primeira clasificación á Copa xa selada, ademais estreando novo pavillón. Porén, os de Juanlu Alonso non se quererán deter aí. Contan os seus últimos catro partidos como vitorias, incluido o triunfo no Palau e o de Copa en Martorell, e neste momento de doce, están ante a oportunidade de seguir agrandando a súa xeira. Os nomes propios desta dinámica son os Cortés, Juan Emilio, Daniel Gabriel, Antonio Navarro ou Raúl Campos, sen tampouco esquecernos de xogadores da talla de Javi Alonso, Antoñito, Álvaro ou Gallo.


Sen mirar a outro lado, só ao fronte. Ao próximo rival. Á posesión en xogo. Iso é o único que está na cabeza dun Noia Portus Apostoli FS coas intencións de irse ao Nadal cun botín de puntos que leven a tranquilidade. E, para iso, só vale volver a vencer.


 

Declaracións previas




Emisión en directo

O partido emitirase en directo por FEF TV este sábado 25 a partir das 16:00h.


Árbitros

O galego Rubén Ferrero Carballal e o vasco Eder Gómez de Salazar. Será a primeira vez que o primeiro nos arbitre, co segundo, unha derrota é o balance en Primeira División FS.


Precedentes

·16 de decembro de 2017 | X14 Segunda División 2017/2018 | NPA 3-1 MAN


·21 de abril de 2018 | X29 Segunda División 2017/2018 | MAN 4-1 NPA


·15 de decembro de 2018 | X14 Segunda División 2018/2019 | MAN 4-2 NPA


·27 de abril de 2019 | X29 Segunda División 2018/2019 | NPA 8-3 MAN


·12 de outubro de 2019 | X5 Segunda División 2019/2020 | MAN 7-3 NPA


·8 de febreiro de 2020 | X20 Segunda División 2019/2020 | NPA 3-3 MAN


·6 de marzo de 2021 | X2 Segunda División – Grupo C 2020/2021 | MAN 1-0 NPA


·10 de abril de 2021 | X6 Segunda División – Grupo C 2020/2021 | NPA 3-2 MAN


·10 de decembro de 2022 | X13 Primeira División 2022/2023 | NPA 2-1 MAN


·5 de maio de 2023 | X28 Primeira División 2022/2023 | MAN 3-2 NPA


Comments


bottom of page