O conxunto noiés desprázase a Santa Coloma para enfrontarse ao decano do fútbol sala nacional, co obxectivo de lograr unha importante segunda vitoria seguida.
Os valencianos Samuel Gabaldón Rico e Óscar Ropero Lara arbitrarán o encontro este sábado 18 ás 16:00h, en directo por FEF TV.
Coa tranquilidade e motivación que aporta a vitoria do pasado mércores contra ATP Iluminación Tudelano Ribera Navarra, o Noia Portus Apostoli FS tratará de conseguir o 6/6 puntos posibles esta semana na cancha do Industrias Santa Coloma, este sábado 18 a partir das 16:00h.
A primeira volta ligueira vai dando os seus derradeiros pasos, e os equipos a apurar as súas opcións para calquera que sexan as metas. Nesas, o Portus Apostoli atópase a medias entre os postos de Copa de España e os do descenso, separado de ambos por 4 puntos, polo que o duelo desta xornada 12 pode axudar a esclarecer por que pugnarán os noieses antes do parón de Nadal.
Ao igual que o do mércores, este tamén será un enfrontamento directo, contra un Industrias Santa Coloma que suma 12 puntos, un máis que os galegos. Os cataláns, o decano do fútbol sala nacional con fundación en 1975, esgotan as súas probabilidades de acudir a unha Copa 7 anos despois. Tras un inicio dubitativo, os de Xavi Closas alzaron o voo desde o triunfo ante Movistar Inter na xornada 6, cedendo só unha derrota nos últimos seis encontros, in extremis no derbi contra o Barça. No primeiro choque desta semana, os colomenses empataron 4-4 en Valdepeñas. Terá que prestar especial atención o Portus Apostoli ao olfacto goleador do seu rival, un dos equipos máis anotadores con Verdejo (7 tantos), Khalid (7), David Peña (6, que ademais está sendo unha das sensacións do campionato), ou Uri Santos (5). No pasado mercado estival realizaron tres incorporacións con Álex Lluch, (que completa unha portería segura e versátil xunto a Borja Puerta), Marc Tolrà e o nipón Hirata.
Se o triunfo do mércores foi importante, un hipotético este sábado podería selo aínda máis. Aínda non enlazou o Noia dúas vitorias seguidas esta temporada, e facelo neste preciso tramo de curso significaría dar un paso adiante e daría pé a novos horizontes.
Declaracións previas
O desprazamento
A expedición noiesa emprenderá viaxe á comunidad autónoma catalá en avión o venres pola tarde, con horario de chegada ao hotel de concentración previsto ás 22:00h da noite.
Emisión en directo
O partido emitirase en directo por FEF TV (dispoñible en web e app) este sábado 18 a partir das 16:00h.
Árbitros
Os valencianos Samuel Gabaldón Rico e Óscar Ropero Lara. Dúas derrotas, o balance con esta parella.
Precedentes
·5 de novembro de 2013 | Dezaseisavos de final Copa do Rei 2013/2014 | NPA 5-4 SCO (AET)
·21 de decembro de 2022 | X15 Primeira División 2022/2023 | NPA 1-4 SCO
·19 de maio de 2023 | X30 Primeira División 2022/2023 | SCO 6-1 NPA
Comments