Venres, 20/12/2024 · 16:05h · Imaxe: Foto Pichero | O conxunto noiés regresa do parón con enerxías renovadas e o claro obxectivo de lograr o primeiro triunfo na visita a un dos mellores locais do campionato.
Reanúdase a competición de Primeira División FS tras unha semana de parón, e para o Portus Apostoli faino este sábado 21 ás 13:00h cun esixente desprazamento a Santa Coloma e a misión obvia de conseguir os primeiros tres puntos do curso.
Baterías novas para un Noia que, nestes 11 días sen partido -contando desde o triunfo en Copa Galicia do pasado martes 10- tivo tempo para recuperarse dun duro tramo de calendario e, ademais, reincorporar á dinámica do grupo a algúns dos seus xogadores lesionados, como o caso de Peixe, quen, tras dous meses no dique seco, volverá a unha convocatoria. Máis madeira para tratar de romper o bloqueo que mantén aos noieses pechacancelas con 2 puntos despois de 10 datas.
Unha situación moito más favorable vive Industrias Santa Coloma. Os cataláns son 10º con 14 puntos, a só 3 da 5ª praza -cun partido máis-. Un gran inicio de campaña que se entende, principalmente, polo seu bo facer no Pavelló Nou, onde lograron 12 deses 14 e as 4 vitorias que posúen. Iso si, hai un mes do seu último triunfo ligueiro, con dúas derrotas e un empate nos seus tres últimos choques. O decano do fútbol sala nacional practica, baixo as ordes de Xavi Closas, un xogo máis que recoñecible e alegre, reforzado pola confianza que aportan os resultados positivos. En canto a números, destacan os 7 tantos de Verdejo e Povill, que os sitúan no top 5 de máximos anotadores do campionato. Un ex noiés nas filas colomenses: Nil Closas, membro daquel plantel da 21/22 que logrou o ascenso á elite e ergueu a primeira Copa Galicia.
Pilas recargadas, enerxías renovadas e baterías novas para volver a unha Liga que tan cruelmente se está portando cun Noia que agarda que, nunha temporada sen parón por Nadal, os partidos nestas datas sinaladas lle traian a merecida recompensa ao ben feito, empezando por este sábado.
Declaracións previas
O desprazamento
La expedición noiesa puso rumbo a su hotel de concentración en bus en la tarde-noche del jueves, con llegada en la matinal del viernes y último entrenamiento programado a las 12:00h.
Emisión en directo
O encontro emitirase en directo e en exclusiva a través da plataforma de pago FEF TV, en web e app, este sábado 21 ás 13:00h.
Árbitros
Diego Martínez García, do comité balear, e Tomás Santander Flamarique, do comité aragonés. Con Martínez García, balance de dúas derrotas; con Santander Flamarique, unha vitoria e unha derrota
Precedentes
·5 de novembro de 2013 | Dezaseisavos de final Copa do Rei FS 2013/2014 | NPA 5-4 ISC (AET)
·21 de decembro de 2022 | X15 Primeira División FS 2022/2023 | NPA 1-4 ISC
·19 de maio de 2023 | X30 Primeira División FS 2022/2023 | ISC 6-1 NPA
·18 de novembro de 2023 | X12 Primeira División FS 2023/2024 | ISC 3-1 NPA
·20 de abril de 2024 | X27 Primeira División FS 2023/2024 | NPA 4-3 ISC
Comments