top of page

PREVIA X11 | Noia Portus Apostoli FS-ATP Iluminación Tudelano Ribera Navarra | Máis que tres puntos

Duelo directo intersemanal entre dous equipos cos mesmos puntos, no que o conxunto branco buscará volver á senda da vitoria catro xornadas despois.
A parella de madrileños Héctor Mayo López e Carlos Panadero Díaz-Concha dirixirán o encontro, este mércores 15 ás 20:00h, en directo por FEF TV.

Altamirano encara a Power en un entrenamiento (foto: Manuel Lorenzo)

Un cara a cara de vital importancia agarda ao Noia Portus Apostoli FS este mércores 15 ás 20:00h en xornada intersemanal, a 11ª da Primeira División FS 23/24, coa visita ao Agustín Mourís dun ATP Iluminación Tudelano Ribera Navarra FS en idéntica situación clasificatoria que os nosos.


Cos mesmos 8 puntos chegan ambos equipos a este encontro, no que xa é a recta final da primeira volta ligueira. Faino, particularmente, o Noia nunha seca de tres xornadas sen coñecer unha vitoria que, ata o momento, tan só saboreou dúas veces. Gañar este mércores non só supoñería un precisado respiro coa zona de descenso, da que lle separa un punto, senón tamén un chute de confianza como local, onde está custando especialmente sacar resultados. Tomás de Dios, que cumprirá o seu segundo partido de sanción pola dobre amarela vista ante o Jaén, terá como única baixa segura a de Henrique, coa posibilidade de recuperar a Rufino tras superar as molestias que lle impediron xogar en Palma.


Xusto un posto por riba, pero coas mesmas unidades, atopa o Portus Apostoli ao rival desta xornada 11. O ATP Iluminación Tudelano Ribera Navarra FS chegará ao Mourís coa intención de facer da victoria do venres ante Viña Albali Valdepeñas (6-2), a primeira do curso, unha dinámica positiva que lles faga saír la parte baixa da táboa e terminar en boa forma esta metade inicial de campaña, como xa fixeran na pasada. Os riberos, co galego Juanma Marrube ao mando, manteñen a súa filosofía de xogo e están sabendo, pouco a pouco, sobrepoñerse a baixas sensibles como as de Terry, Pintinho, Marcao, Uge ou Petry, nun plantel que se reforzou con experimentados da categoría da talla de Claudino, Hamza ou Tripodi, así como de talento exterior en Jonhn Lennon, Soufian Charraoui ou Deko, complementando aos Carlos Bartolomé, David García, Espín ou Adrián Pereira, entre outros.


Día e horario complicados, pero nada diso debe servir como escusa para acudir a un Agustín Mourís no que os noieses queren devolver o cariño dos seus cun balsámico e importantísimo triunfo que os relance de cara a esta parte final da primeira volta.


 

Declaracións previas



Emisión en directo

O partido emitirase en directo por FEF TV este mércores 15 a partir das 20:00h.


Árbitros

Os madrileños Héctor Mayo López e Carlos Panadero Díaz-Concha. Con este dúo, tres empates (un deles na primeira xornada desta temporada) e unha derrota.


Precedentes

·10 de decembro de 2013 | Oitavos de final Copa do Rei 2013/2014 | NPA 0-5 RIB


·1 de outubro de 2022 | J3 Primeira División 2022/2023 | RIB 2-3 NPA


·28 de xaneiro de 2023 | J18 Primeira División 2022/2023 | NPA 3-2 RIB

Comments


bottom of page