top of page

PREVIA X10 PRIMEIRA DIVISIÓN FS | Noia Portus Apostoli FS – Movistar Inter FS | Partidazo para poñerse a 100

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 2 days ago
  • 3 min read
Venres, 14/11/2025 · 17:25h · Imaxe: Foto Pichero | Os noieses buscan recuperar a dinámica positiva nun encontro especial (sáb. 15/11, 17:00h. TV: LALIGA+), o seu centenario na elite, coa visita de todo un rival de entidade.
Venres, 14/11/2025 · 17:25h · Imaxe: Foto Pichero | Os noieses buscan recuperar a dinámica positiva nun encontro especial (sáb. 15/11, 17:00h. TV: LALIGA+), o seu centenario na elite, coa visita de todo un rival de entidade.

O Noia Portus Apostoli FS volve á competición este sábado 15 ás 17:00h, despois do parón da pasada semana. Faino de novo na casa, recibindo pola xornada 10 ligueira e no partido 100 da súa historia en Primeira a todo un Movistar Inter FS, contra o que quererá poñer fin a tres caídas seguidas.


A primeira volta encara a súa recta decisiva, e xa con todos os equipos con 9 partidos xogados, a clasificación continúa por definirse na zona media e media-baixa dunha igualadísima Liga. Nesa pomada atópase o Portus Apostoli, 12º con 10 puntos, a 3 da zona de Copa de España FS e 5 por riba do descenso. Por diante 6 partidos, dos cales 4 se xogarán no Agustín Mourís. Así que o feudo noiés e a súa incansable afección dictarán a maior parte da sentenza ao devenir do conxunto de David Palmas ata final de ano.


Dúas semanas de duro traballo preparando o choque | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Dúas semanas de duro traballo preparando o choque | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

A anterior cita saldouse cunha derrota que cortou a xeira positiva como locais. Agora, o equipo noiés está concentrado en reiniciar outra canto antes para volver á senda da vitoria, mirar cara arriba e, de paso, facer aínda máis especial o centenario na elite.


Vén Movistar Inter FS en gran dinámica e con Pirata


Como sempre, os brancos non o terán nada sinxelo. Nesta ocasión, visita a Vila o Movistar Inter FS. Nada máis e nada menos que o Club máis laureado do Mundo e actual campión da Copa do Rei FS. Os de Alberto Riquer, a pesar de empezar o curso con dúbidas, atravesan agora o seu mellor momento, sen coñecer a derrota desde inicios de outubro. 10º con 11 puntos, os interistas queren seguir escalando da man do seu combinativo estilo de xogo e un plantel plagado de talento. Entre eles, un xogador e unha persoa moi especial para a parroquia noiesa. Pirata regresa ao Mourís por primeira vez tras pechar hai uns meses un capítulo de cinco temporadas en Noia. Antes e despois recibirá o merecido calor da que sempre será a súa casa. Durante, unha encarnizada loita deportiva por tres importantes puntos.



Declaracións previas


Entradas

Á venda na páxina web noiafs.compralaentrada.com/eventos. Se quedan dispoñibles, poñeranse á venda na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís o día do partido a partir das 15:30h.


Emisión en directo

O duelo contará coa emisión en directo e en exclusiva a través de LALIGA+ (baixo subscripción), por web e app, este sábado 15 a partir das 17:00h.


Árbitros

Alejandro Martínez Flores e Antonio Navarro Liza, do comité murciano. Balance de dous triunfos, un empate e unha derrota con Martínez Flores; primeiro partido que arbitrará Navarro Liza aos noieses.


Precedentes (balance oficial: 1V-2E-3D)

·16 de decembro de 2022 | X14 Primeira División FS 2022/2023 | MOV 4-3 NPA


·13 de maio de 2023 | X29 Primeira División FS 2022/2023 | NPA 2-2 MOV


·9 de decembro de 2023 | X15 Primeira División FS 2023/2024 | NPA 6-3 MOV


·11 de maio de 2024 | X30 Primeira División FS 2023/2024 | MOV 5-0 NPA


·28 de decembro de 2024 | X12 Primeira División FS 2024/2025 | NPA 3-7 MOV


·24 de maio de 2025 | X30 Primeira División FS 2024/2025 | MOV 3-3 NPA

Comments


bottom of page