top of page

PREVIA X1 | Jimbee Cartagena-Noia Portus Apostoli | Empeza a Liga cun duro exame

Inicia a segunda temporada na elite do cadro noiés, que debuta cunha esixente cita este sábado 2 ás 18:00h no Palacio de los Deportes de Cartaxena.
Héctor Mayo López e Carlos Panadero Díaz-Concha dirixirán o partido, que será emitido en directo por FEFTV.com.

Varios xogadores noieses durante o adestramento en Cartaxena o venres (foto: Manuel Lorenzo)

O momento desexado por todos xa está aquí. Volve a competición, volve a Liga, volve a Primeira División, e faino por segunda vez na súa historia co Noia Portus Apostoli FS, que empezará a súa nova aventura afrontando un duro reto coa visita ao Jimbee Cartagena, un dos equipos chamados a loitar pola zona alta da táboa.

A era Tomás de Dios arrancará de maneira oficial no Palacio de los Deportes de Cartaxena, despois dunha pretemporada dun mes e cinco partidos de adaptacións e moito traballo, condicionado polas lesións que lastraron ao equipo e que impiden a presenza neste debut de Machado, Nico Sarmiento e Matheus Preá, baixas xunto ao sancionado Power Raggiati.


Quizais, nese contexto, Jimbee Cartagena non sexa un dos rivais máis apropiados para a estrea. O finalista da pasada Copa do Rei conserva o seu núcleo principal, co adestrador Duda á fronte e Lucao e Mellado como grandes estiletes no 40x20 entre un plantel de enorme calidade, ao que este verán engadiron máis empaque e talento con Tomaz e Darío.

Pero, sen importar rival nin contrariedades, é evidente que o Noia Portus Apostoli FS presentarase este sábado 2 de setembro ás 18:00h cunha identidade moi clara e toda a ilusión do mundo por comezar unha histórica segunda temporada entre os mellores y coa ambición de achegarse ás proezas da primeira.


 


Declaracións previas




O desprazamento

A expedición branca chegou a Cartaxena en bus na mañá do venres, e tras o almorzo realizaron a última sesión de adestramento previa ao duelo. Na mañá do sábado levarán a cabo unha sesión de activación como último exercicio antes do partido.

Emisión en directo

O encontro emitirase en directo pola páxina web FEFTV.com a partir das 18:00h. Toda a información para abonarse á plataforma, aquí.

Árbitros


Os madrileños Héctor Mayo López e Carlos Panadero Díaz-Concha.

Precedentes

·6 de decembro de 2022 | X12 Primera División | CAR 2-1NPA

·29 de abril de 2023 | X27 Primera División | NPA 2-4 CAR

Comments


bottom of page