top of page

PREVIA SEMIFINAL XXXIII COPA GALICIA | ADC Lugo Sala - Noia Portus Apostoli FS | A pola quinta final consecutiva


Mércores, 15/01/2025 · 16:40h · Imaxe: Foto Pichero | Os noieses xóganse o billete a unha nova finalísima autonómica (xov. 16/01, 21:30h) no que será o escenario da mesma en abril.


Ao igual que sucedeu en decembro, o parón ligueiro volve a ser sinónimo de Copa Galicia para o Noia Portus Apostoli FS. Os de David Palmas afrontan este xoves 16 ás 21:30h no Municipal dos Deportes de Lugo a rolda de semifinais a partido único ante o ADC Lugo Sala.


Os noieses regresaron ao seu mellor nivel competitivo o pasado sábado ante todo un Illes Balears Palma Futsal. O empate contra o bicampión de Europa e do Mundo supuxo deixar atrás a eliminación na Copa do Rei FS e enlazar dúas xornadas seguidas sumando en Liga por primeira vez no curso, tras outra igualada no derbi de Burela, ademais dun xute de moral que agardan prolongar nestes vindeiros compromisos, nos que se xoga o pase a unha nova final galega e un duelo directo pola salvación.


Curiosamente, a semifinal leva ao Portus Apostoli ao Municipal dos Deportes de Lugo, pavillón que acollerá a gran festa do fútbol sala autonómico o próximo xoves 17 de abril. Para estar alí, os noieses terán que superar ao local ADC Lugo Sala, que acode a este duelo con ansias de dar a sorpresa para ser anfitrión da que sería a súa segunda final en Copa Galicia tras a de 2023 en Noia, no que foi o segundo título dos nosos. Os de Guillermo Martínez tamén loitan pola permanencia na súa competición ligueira, disputando esta temporada por primeira vez a Segunda División FS. Ao término da metade inicial sitúanse 15º con 14 puntos, caendo no seu último partido por 7-2 na pista do Levante UD FS. No plantel lucense figuran xogadores con experiencia ao máis alto nivel, como os Miguel, Iago Rodríguez, Álex Diz, Diego Núñez e o ex noiés Porto.


No camiño a este encontro, os brancos superaron na rolda de cuartos de final ao Grupo FORMA-T Vilalba FS (0-6), mentres que os da cidade amurallada fixeron o propio co Sibuscascoche Ribeira FS (1-2).


Na final xa agarda o Stellae Leis Pontevedra FS, conxunto da Segunda División “B” FS, tras eliminar onte ao CD Burela FS nun desenlace agónico con quenda de penaltis incluída. Todo un aviso a navegantes: a pesar da diferenza de categorías, lonxe estará de ser un trámite para un Portus Apostoli que terá que empregarse a fondo, coa ilusión e a ambición que conlevan estar en disposición de lograr acceso a unha histórica quinta presenza consecutiva na finalísima de Copa Galicia FS.


 

Declaracións previas

Árbitros

Pablo Enrique Guntín Garrido e Jorge Otero Mira.


O desprazamento

A expedición noiesa poñerá rumbo ao Municipal dos Deportes de Lugo ás 18:00h do xoves, con chegada prevista a 1 hora e media do inicio do encontro.


Emisión en directo

O partido non contará con ningunha emisión en directo.


Precedentes

·17 de maio de 2023 | Final XXXI Copa Galicia FS 2022/2023 | NPA 5-1 LUG

Komentarze


bottom of page