top of page

PREVIA 1/4 PLAYOFF – PARTIDO 2 | Noia Portus Apostoli FS-Mallorca Palma Futsal | A vida ou morte

Os noieses xóganse alargar a súa estancia na fase polo título, polo menos, un partido máis, e para iso só vale repoñerse do do mércores e lograr a vitoria.
Os cataláns Francesc García-Donas Salvador e Bernardo Simón Benet dirixirán o encontro este sábado 27 de maio ás 19:00h, emitido en directo por LaLiga Sports TV.
Machado dá un pase ante Lluc nun adestramento (foto: Manuel Lorenzo)

Non hai volta atrás. Só unha vitoria, xa sexa no tempo regulamentario, nunha hipotética prórroga ou nunha dramática tanda de penaltis, evitará que a xa histórica temporada 2022/2023 do Noia Portus Apostoli FS baixe a tea este sábado 27, no segundo partido dos cuartos de final do PlayOff polo título de Primeira División.


Que plantarlle cara a todo un Mallorca Palma Futsal en total estado de graza era unha empresa de altísima dificultade xa era de sobra coñecido, e quedou demostrado no seu fortín de Son Moix, onde os de Vadillo foron superiores e impuxéronse por 8-2, marcador grazas ao que imperan 1-0 na serie. Para erguerse da lona, os brancos encoméndanse a un Agustín Mourís onde contarán coa forza da súa xente. Ademais, os resultados da segunda vuelta avalan a causa, encaixando só unha derrota, e incluso o empate 2-2 do último cara a cara contra os baleares no parqué do Municipal noiés alberga esperanza.


Antes da cita, os de Marlon Velasco completarán dúas sesións de adestramento, unha na mañá do venres e outra, máis suave, o sábado. Unha vez máis, a única baixa segura é a de Edu Jabá, aínda que algúns dos xogadores dispoñibles arrastran molestias propias da dureza dunha campaña moi larga. Aínda así, os que se dispoñan sobre a madeira do Agustín Mourís, xunto os que apoiarán desde as gradas, loitarán todos xuntos por ampliar a duración, polo menos, uns días más.


 

Declaracións previas



Entradas


SOCIOS


SENTIMENTO: GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de socio na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís.


XERAL: 15€


XUVENIL (socios de entre 14 e 17 anos): 10€


INFANTIL (socios menores de 14 anos): 10€


Os socios XERAL, FAMILIAR, XUVENIL e INFANTIL que NON MERCARON A SÚA ENTRADA ANTES do MÉRCORES 24 ÁS 22:00h, NON TEÑEN ASEGURADO O ASENTO DO SEU ABONO.


NON SOCIOS


XERAL: 25€


XUVENIL (non socios entre 14 e 17 anos): 20€


INFANTIL (no socios menores de 14 anos): 15€


As entradas están á venda na plataforma online do club noiafs.compralaentrada.com.


Tamén podes facerte coa túa entrada no local social do club (Calle Carcasía, 7) venres 26 en horario 18h a 20h e o sábado 27 de 12h a 13h.


Por último, e se quedaran entradas dispoñibles, o mesmo día sábado 27 de maio poñeríanse á venda as restantes na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís a partir das 17:00h.


Emisión en directo


O choque emitirase en directo por LaLiga Sports TV a partir das 19:00h do sábado 27 de maio.


Árbitros


Os cataláns Francesc García-Donas Salvador e Bernardo Simón Benet.


Precedentes


·31 de agosto de 2018 | Trofeo Burela Bonita | NPA 0-7 PAL

·21 de agosto de 2019 | III Trofeo Portus Apostoli | NPA 2-3 PAL

·27 de agosto de 2021 | IV Trofeo Portus Apostoli | NPA 2-4 PAL

·26 de agosto de 2022 | Semifinais V Trofeo Portus Apostoli | NPA 2-1 PAL

·19 de novembro de 2022 | X9 Primeira División 2022/2023 | NPA 2-2 PAL

·21 de febreiro de 2023 | Cuartos de final Copa do Rei 2022/2023 | PAL 4-2 NPA

·25 de marzo de 2023 | X24 Primeira División 2022/2023 | PAL 5-1 NPA

·24 de maio de 2023 | PlayOff Primeira División - Cuartos de final – Partido 1 | PAL 8-2 NPA

bottom of page