top of page

PREVIA 1/4 PLAYOFF – PARTIDO 1 | Mallorca Palma Futsal-Noia Portus Apostoli FS | Chega o PlayOff

O conxunto noiés volverá a facer historia participando na fase polo título de Primeira División. O debut, na ronda de cuartos de final, producirase na inexpugnable cancha do campión de Europa.
Os madrileños Jorge González Moreta e Luis Sánchez Chamorro serán os árbitros do choque, emitido en directo por LaLiga Sports TV e IB3 Esports en directo este mércores 24 a partir das 19:30h.
Power, co balón, ante a oposición de Pirata nun adestramento (foto: Manuel Lorenzo)

O que era inimaxinable en agosto e unha ilusión en marzo é, finalmente, en maio, unha realidade que xa está aquí. Na súa temporada de debut na elite do fútbol sala nacional, o Noia Portus Apostoli FS meteuse no PlayOff polo título de campión de Primeira División e gañouse o dereito de loitar entre os mellores. Empezara a facelo este mércores 24 na invicta pista do, nada máis e nada menos, flamante campión de Europa e de Liga regular no primeiro partido da rolda de cuartos de final.


A estas alturas e co que ten á fronte, hai moito que gañar e nada que perder para un Portus Apostoli que, coa única baixa segura de Edu Jabá, rebosa ilusión por seguir rompendo barreiras, pero é consciente do altamente complicado que será facer tremer a todo un Mallorca Palma Futsal, que ademais terá ao seu favor o factor cancha, nun Son Moix onde solo cedeu un empate (ante Industrias en Liga) de entre os 15 choques no campionato doméstico, 3 en Ronda Élite europea e 1 en Copa do Rei, precisamente ante os noieses, que disputou ata o momento.


A pesar de caer por 3-0 ante Jimbee Cartagena na última xornada, o cadro balear chega a esta post temporada en estado de graza, cos recentes éxitos da UEFA Futsal Champions League e o primeiro posto na fase regular ligueira, a condición que, xunto ao oitavo noiés, provoca este enfrontamento nos cuartos do PlayOff. Será o quinto da campaña entre ambas escadras, contando o amistoso de pretemporada. Os precedentes sorrín aos palmesanos, con dous triunfos (ambos en Son Moix), un empate e unha vitoria galega.


Estar onde está o Noia Portus Apostoli FS era un impensable, non un imposible, como ben demostraron os de Marlon Velasco co seu espectacular desempeño ao largo da temporada. O que se empeza a poñer en xogo este mércores volve a ser algo impensable, pero, unha vez máis, non cabe o imposible.

 

Declaracións previas



O desprazamento


A expedición branca aterrou en Palma sobre as 14:30h do martes, despois de realizar o último adestramento previo ao encontro pola mañá no Agustín Mourís. Na matinal do mércores levarán a cabo unha sesión de activación como preparativo final ao duelo.


Emisión en directo


O partido emitirase en directo por LaLiga Sports TV e IB3 Esports a partir das 19:30h do mércores 24 de maio.


Árbitros


Os madrileños Jorge González Moreta e Luis Sánchez Chamorro.


Precedentes


·31 de agosto de 2018 | Trofeo Burela Bonita | NPA 0-7 PAL

·21 de agosto de 2019 | III Trofeo Portus Apostoli | NPA 2-3 PAL

·27 de agosto de 2021 | IV Trofeo Portus Apostoli | NPA 2-4 PAL

·26 de agosto de 2022 | Semifinais V Trofeo Portus Apostoli | NPA 2-1 PAL

·19 de novembro de 2022 | X9 Primeira División 2022/2023 | NPA 2-2 PAL

·21 de febreiro de 2023 | Cuartos de final Copa do Rei 2022/2023 | PAL 4-2 NPA

·25 de marzo de 2023 | X24 Primeira División 2022/2023 | PAL 5-1 NPA

Comments


bottom of page