top of page

PREVIA 1/4 COPA DO REI | Mallorca Palma Futsal-Noia PA FS | A Final Four, a un paso de xigante

Os noieses xóganse meterse entre os catro mellores desta edición do torneo do KO na súa visita aos baleares, un dos conxuntos con máis calidade e máis en forma do momento, sobre todo como locais.
O partido emitirase en directo por internet a través de IB3, a partir deste martes 21 ás 20:00h, e estará dirixido polos árbitros murcianos Andrés Botella López e Francisco Castillo López.
Marcelo conduce o balón ante Power e Edu Jabá no adestramento do luns (foto: Manuel Lorenzo)

Unha nova cita coa historia para o Noia Portus Apostoli FS. O cadro dirixido por Marlon Velasco está a un só partido de poder colarse en toda unha Final Four da Copa do Rei. Para facelo, os noieses teñen a misión de superar a un escollo de grandes proporcións chamado Mallorca Palma Futsal, quen agarda no seu propio feudo coa clara vitola de favorito.


Próximo anfitrión da Final Four da UEFA Futsal Champions League, terceiro con 43 puntos en Liga e invicto como local entre todas as competicións, con 13 victorias e 1 empate. Estas son as brillantes cifras do rival do Noia Portus Apostoli FS, que tamén chegará en boa forma ao primeiro duelo de cuartos de final de Copa do Rei da súa historia, con cinco victorias nos seis últimos partidos, destacando por riba de todas a do pasado sábado, por 8-2 contra Viña Albali Valdepeñas.


O conxunto blanco desfíxose en cuarta ronda do Sala 5 Martorell por 2-5 e en oitavos de final do Córdoba Patrimonio de la Humanidad por 2-3, en ambos partidos como visitante, condición que repetirá este martes en Son Moix. Pola sú parte, los mallorquíns só tiveron que disputar un encontro nesta competición, eliminando ao Pescados Rubén Burela por un resultado de 3-4.


Con moito que gañar e nada que perder acudirá o Portus Apostoli, ilusionado, motivado e consciente de que necesitará facer un partido practicamente perfecto na casa dun dos mellores equipos de Europa para conseguir romper unha nova e titánica barreira na súa traxectoria.

 

Declaracións previas




O desprazamento


A expedición branca voou a tierras baleares na tarde do luns. O martes pola mañana, último adestramento previo ao duelo, previsto para as 20:00h. Para o miércoles pola tarde está fixado o voo de volta a Noia.


Emisión en directo


IB3 emitirá en directo o encuentro este martes 21 a partir das 20:00h a través de streaming.


Árbitros


Os murcianos Andrés Botella López e Francisco Castillo López.


Precedentes


·31 de agosto de 2018 | Trofeo Burela Bonita | NPA 0-7 PAL

·21 de agosto de 2019 | III Trofeo Portus Apostoli | NPA 2-3 PAL

·27 de agosto de 2021 | IV Trofeo Portus Apostoli | NPA 2-4 PAL

·26 de agosto de 2022 | Semifinais V Trofeo Portus Apostoli | NPA 2-1 PAL

·19 de novembro de 2022 | X9 Primeira División 2022/2023 | NPA 2-2 PAL

Comments


bottom of page