O Portus Apostoli inicia no Pavillón As Travesas de Vigo (mércores 1 de novembro, 18:00h) o seu concurso na XXXII Copa Galicia, competición que aspira a conquistar por terceira edición seguida.
Alfredo Castro Nantes e Álvaro Sobral Moreno serán os colexiados do encontro.
Empeza unha nova competición para o Noia Portus Apostoli FS. Os brancos visitan este mércores 1 de novembro ás 18:00h ao IES Coruxo FS, polos cuartos de final da XXXII Copa Galicia, a que pretenden erguer por terceira temporada consecutiva.
Catro días despois de sacar un importante punto en Murcia e tres días antes de recibir ao Jaén Paraíso Interior, ao Portus Apostoli preséntaselle un torneo de moi doce lembranza nas anteriores campañas. Xunto a Pescados Rubén Burela, O Parrulo Ferrol e Lugo Sala, os noieses completan a nómina de equipos que ingresan na XXXII Copa Galicia nesta fase de cuartos de final, que se disputa a partido único. Nel, non estará David Pazos, baixa por sanción, nin o capitán Lluc, con molestias.
O sorteo, realizado o 17 de outubro, emparellou aos de Tomás de Dios co IES Coruxo FS, equipo actualmente 11º con 6 puntos no seu terceiro curso en 2ª División B. Un vello coñecido das pretemporadas brancas, o bloque dirixido por Lucas Fernández destaca pola súa competitividade e intensidade, coa que é capaz de facer sufrir a calquera opoñente, sobre todo como local. Nas roldas previas, os vigueses eliminaron a ED Vigo 2015 (5-6) e SD Pazos de Borbén FS (3-4).
Semana de dobre partido, semana de dobre esixencia para un Noia Portus Apostoli FS que, como todas as temporadas, se toma esta Copa Galicia coa maior ilusión do mundo. No Pavillón As Travesas de Vigo comeza o camiño para colocarse a terceira coroa autonómica consecutiva, e tamén unha oportunidade de seguir medrando como equipo e como Club.
Declaracións previas
O desprazamento
O autobús do equipo branco poñerá rumbo a As Travesas antes da primeira hora da tarde, con chegada prevista para as 16:30h.
Árbitros
Alfredo Castro Nantes e Álvaro Sobral Moreno serán os encargados de dirixir o partido.
Precedentes (amistosos)
·14 de agosto de 2021 | Amistoso | COR 2-3 NPA
·10 de agosto de 2022 | Amistoso | NPA 8-3 COR
Comments