Os brancos debutan no torneo do KO este martes 21 ás 20:30h, visitando a un vello coñecido na busca de asegurar presenza no sorteo de oitavos de final.
Os manchegos Carlos Rodrigo Miguel e Fermín Ángel Sánchez-Molina Tapiador dirixirán o partido, que non terá emisión en directo.
Toca deixar de lado temporalmente a Liga, porque chama á porta unha nova edición da Copa do Rei. O Portus Apostoli iniciaráa este martes 21 ás 20:30h nunha pista e ante un rival coñecidos do paso por Segunda División, un Oleoinnova Mengíbar FS sempre incómodo e que non poñerá as cousas nada fáciles.
Sen case descanso tras regresar a casa da derrota en Santa Coloma, o Noia plántase diante doutro reto, na segunda semana seguida con dobre partido. O apretado deste mes de novembro está pasando factura ao cadro de Tomás de Dios, que non poderá contar este martes con Henrique, Lluc, Rufino nin Altamirano. Para suplir esas baixas, 4 xogadores do invicto Filial: os habituais Pau e Iván, ademais de Jorge (quen xa foi convocado no duelo liguero vs Barça) e Lukas (debutou no torneo en Portugal).
A pesar da diferenza de categoría, pouco se fía o Portus Apostoli dun Oleoinnova Mengíbar FS que en casa se fai máis forte. O apoio do Sebastián Moya Lorca é un plus para os ya míticos do equipo mengibareño Ureña, Tortu ou Miguelao, xunto a outros tres experimentados como Dani Martín, Colacha e o meta Cristian Ramos, ou a xuventude dos Karim (5 tantos), Isma Vacas ou Ruano. Os dirixidos por Javi Roca afrontan neste o seu curso de regreso en Segunda División, tras militar o pasado en Segunda División B. Actualmente, ocupan a 13ª plaza con 9 puntos, empatando 2-2 o pasado sábado contra Inagroup El Ejido Futsal. Na anterior rolda copeira, os andaluces eliminaron ao FS VivoCuenca por un marcador de 2-3.
A Copa do Rei é sempre sinónimo de ilusión, xa sexa en Segunda B, en Segunda ou en Primeira División. Un torneo cun aura distinta, no que os noieses, a pesar das ausencias neste debut, intentarán avanzar para achegarse aos históricos cuartos de final do curso pasado e que, de paso, sirva como acicate ligueiro neste tramo final de 2023.
Declaracións previas
O desprazamento
A expedición noiesa emprendeu viaxe a Andalucía en bus na noite do domingo, chegando ao seu hotel de concentración en Bailén o luns pola mañá. Tras o almorzo, completaron o último adestramento previo ao partido do martes.
Emisión en directo
Non contará con emisión en directo.
Árbitros
Os manchegos Carlos Rodrigo Miguel e Fermín Ángel Sánchez-Molina Tapiador. Tres derrotas, unha delas esta temporada en Liga, o balance con esta parella.
Precedentes
·16 de setembro de 2017 | X1 Segunda División 2017/2018 | NPA 3-3 MEN
·13 de xaneiro de 2018 | X16 Segunda División 2017/2018 | MEN 4-2 NPA
·3 de novembro de 2018 | X8 Segunda División 2018/2019 | MEN 4-1 NPA
·9 de marzo de 2019 | X23 Segunda División 2018/2019 | NPA 1-2 MEN
·23 de novembro de 2019 | X11 Segunda División 2019/2020 | MEN 3-4 NPA
·27 de febreiro de 2021 | X1 Segunda División 2020/2021 – Subgrupo C | NPA 4-4 MEN
·3 de abril de 2021 | X5 Segunda División 2020/2021 – Subgrupo C | MEN 1-2 NPA
·12 de outubro de 2021 | X6 Segunda División 2021/2022 | MEN 1-1 NPA
·12 de febreiro de 2022 | X23 Segunda División 2021/2022 | NPA 3-1 MEN
Comments