top of page

PREVIA – VI Trofeo Portus Apostoli | Noia Portus Apostoli-Eléctrico | A pola guinda ás Festas

Con Noia en plenas celebracións Patronais, o conxunto branco afronta o último amistoso de pretemporada este sábado 26 ás 20:00h no Municipal Agustín Mourís.

Jabá e Rufino dispútanse o coiro nun adestramento (foto: Manuel Lorenzo)

Última oportunidade para as probaturas. Mañá sábado 26 ás 20:00h, cando arranque o último duelo de pretemporada co VI Trofeo Portus Apostoli entre Noia Portus Apostoli FS e Eléctrico FC, quedará menos dunha semana para a estrea ligueira en Cartaxena, e por iso os noieses buscarán gañar e gustar para chegar con boas sensacións.

Con dúas vitorias, ante O Parrulo e Caxinas, e dúas derrotas, ambas a mans do SC Braga, alcanza o Portus Apostoli o seu último compromiso dunha pretemporada de adaptación, cun novo corpo técnico e xogadores, e contratempos, con algunha que outra lesión que impediu traballar ao completo ao plantel, pero tamén chea de ilusión e ganas de empezar o segundo curso na elite do fútbol sala nacional.

Terceiro e último opoñente luso será o Eléctrico FC, outro cadro que promete intensidade ao máximo. 5º clasificados na pasada Liga Placard, o técnico Joao Freitas contará para esta temporada cun elenco dominado pola xuventude, con Daniel Airoso á cabeza, pero no que tamén se atopan dous ilustres experimentados como Léo Santana e Simi Saiotti.

A temporada 2023/2024 está a piques de abrirse paso de maneira oficial, e antes diso o Noia tentará poñerle a guinda ás Fiestas Patronais de San Bartolomeu que se celebran esta fin de semana na vila deixando un bo sabor de boca previo á agardadísima estrea.


 


Declaracións previas




Entradas


ABONADOS

SENTIMENTO: GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de abonado, xa sexa físico ou dixital, na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís.

XERAL, FAMILIAR E ACOMPAÑANTE FAMILIAR*: 5€. *Acompañante familiar maior de 17 anos.

XUVENIL, INFANTIL E ACOMPAÑANTE FAMILIAR*: 3€. *Acompañante familiar menor de 17 anos.

·Posibilidade de liberación de asiento

O abonado/a que no vaia a asistir ao encontro poderá liberar o seu asento tanto na web noiafs.compralaentrada.com.

NON ABONADOS

XERAL (non abonados maiores de 17 anos): 10€

XUVENIL E INFANTIL (non abonados menores de 17 anos): 5€

Precedentes

Será o primeiro partido entre estes dous equipos.

bottom of page