O Portus Apostoli xogarase este mércores 6 ás 19:00h en Valga a posibilidade de meterse nunha nova finalísima do torneo autonómico.
Será o primeiro de dous partidos noutra semana esixente en canto a carga de traballo.
O Noia Portus Apostoli FS buscará plantarse na final da Copa Galicia por cuarta edición consecutiva este mércores 6 ás 19:00h en Valga, onde se enfrontará ao Stellae FS – Valga, equipo da Segunda División B.
No campionato autonómico, que tantas alegrías lle leva dando as últimas campañas, pretende conseguir un bálsamo o conxunto noiés. Con tres derrotas nos últimos partidos, coa dolorosa de Sevilla como a máis recente, o vestiario branco non quere perder tempo en mudar esta dinámica o antes posible e terminar o 2023 tanto con boas sensacións como na mellor situación posible.
Enfrontarse a un rival que milita dúas categorías máis abaixo semella a oportunidade perfecta para un punto de inflexión, pero de seguro que nada sinxelo o poñerá o Stellae FS – Valga nun momento fantástico. 2º tras 9 partidos no seu debut no Grupo I da división de bronce e por primeira vez en semis da Copa Galicia, os valgueses atópanse ante a oportunidade de seguir facendo historia coa visita do defensor do título. Nas anteriores roldas, os amarelos superaron a Sport Sala FS (2-5), Distrito Ventorrillo FS (1-6) e a machada ante o Pescados Rubén Burela (2-1), que serve de aviso.
Con Henrique, Lluc e Machado como baixas seguras e a inclusión de Jorge, ademais de Pau e Iván na cota de xogadores convocados do Filial, acudirá o bloque de Tomás de Dios ao Pavillón de Beiro – Valga, lugar onde os noieses tentarán converter o seu sabor de boca e seguir construíndo a súa propia historia na Copa Galicia.
Declaracións previas
O desprazamento
A expedición noiesa poñerá rumbo a Valga preto das 17:00h do mércores.
Emisión en directo
O partido, en principio, non contará con emisión en directo.
Árbitros
Roberto Segundo Amor Vizoso e Álvaro Sobral Moreno.
Precedentes
Será o primeiro enfrontamento histórico entre ambos equipos.
Comments