Test de alta esixencia para os de Tomás de Dios, coa visita a un dos equipos referencia de la Liga lusa este martes 15 ás 19:00h, hora portuguesa, a porta pechada.
Apenas tres días despois da estrea, o Noia Portus Apostoli FS afrontará o seu segundo amistoso de pretemporada en terras portuguesas, este martes 15 de agosto ás 19:00h en horario local, ante o SC Braga, 2º clasificado na fase regular da pasada Liga Placard.
Tomás de Dios confía en recuperar a algún dos 6 xogadores que foron baixa o sábado en Ferrol, na vitoria por 2-4 contra O Parrulo. Alí viuse a posta de largo do que quere ofrecer o equipo noiés, deixando boas sensacións, sobre todo no tramo final do encontro, pero tamén a certeza de que existe marxe de crecemento.
Un rival de altura, con xogadores de calidade e esixente no físico e táctico como é o SC Braga suporá unha boa proba do algodón para os brancos, como lo leva sendo recentemente. Os de Joel Rocha son habitual nas últimas pretemporadas noiesas, de feito, este será o primeiro de dous enfrontamentos esta semana, xa que o próximo sábado 19 os lusos devolverán a visita. Ambos serán choques especiais para Pola, quen vestiu a camiseta dos guerreiros na 21/22.
O Pavilhao Desportivo Campus Gualtar, de sobra coñecido polos noieses, será o escenario do duelo, que se disputará a porta pechada este martes 15 de agosto ás 19:00h hora local, 20:00h hora española.
O desprazamento
A expedición noiesa poñerá dirección a Braga a primeira hora da tarde do martes, para xogar o encontro a partir das 19:00h hora local, 20:00h hora española.
Emisión en directo
O partido non será emitido en directo por ningunha plataforma.
Precedentes
·23 de agosto de 2019 | Amistoso | BRA 3-6 NPA
·29 de agosto de 2019 | IV Trofeo Portus Apostoli | NPA 2-2 BRA
·3 de setembro de 2021 | Amistoso | BRA 1-2 NPA
·31 de agosto de 2022 | Amistoso | BRA 2-3 NPA
Comments