top of page

PREVIA – PRETEMPORADA | O Parrulo-Noia Portus Apostoli FS | Primeiro test da era Tomás de Dios

Na terceira semana de adestramentos, chega a estrea en duelo amistoso para o Portus Apostoli 23/24, que se medirá ao conxunto ferrolán en A Malata este sábado 12 de agosto ás 19:00h.

Tomás de Dios fala ao plantel antes dun adestramento (foto: Manuel Lorenzo)

Ábrese o pano dos partidos amistosos para o novo Noia Portus Apostoli FS de Tomás de Dios, que afrontará a primeira das súas probas na cancha de A Malata contra O Parrulo Ferrol FS este sábado 12 de agosto ás 19:00h.

Baixo as ordes do corpo técnico encabezado polo adestrador salmantino, o conxunto noiés completou ata a data 25 sesións de adestramento durante as tres últimas semanas, con protagonismo tanto para o apartado técnico e táctico como o físico.

Agora, chega el momento de probar ante un opoñente os esquemas propostos polo novo equipo técnico e ver a adaptación das incorporacións. David Pazos, Pola e Rufino, así como o novo meta do Filial, Iván, poderían ter os seus primeiros minutos, mentres que Nico Sarmiento, Matheus Preá e Attos, con molestias, serán baixa, ao igual que Machado, Edu Jabá e Altamirano.

E se Tomás de Dios se estreará no banco do Noia Portus Apostoli FS, sucederá o propio no do rival. Primeiro partido da pretemporada tamén para un O Parrulo Ferrol FS do que colle as rendas Josito Gallego, despois dun curso con Juanma Marrube no que rozaron o ascenso a Primeira. Os ferroláns volverán a buscar o camiño á elite co seu buque insignia Adri, rodeado dos Iván Rumbo, Rubén Orzáez ou Coro, entre outros, e aos que engadiron este verán a Aitor, Álex Moñino, Felipe Otto (irmán de Attos), Pedro García e Negro.


Sen pasar tres meses daquel cruel desenlace no segundo partido dos cuartos do PlayOff polo título, volve a prenderse a chispa da ilusión e a ambición no seo do Noia Portus Apostoli FS co primeiro partido, aínda que amistoso, dunha nova campaña, a que será a segunda consecutiva na Primeira División do fútbol sala nacional.


 

Declaracións previas





O desprazamento


A expedición noiesa poñerá dirección a Ferrol a primeira hora da tarde do sábado, para xogar o encontro a partir das 19:00h.


Emisión en directo


O partido non será emitido en directo por ningunha plataforma.



Precedentes (partidos de competición oficial)


·23 de outubro de 2018 | 1/16 de final Copa do Rei 2018/2019 | NPA 2-4 OPA

·10 de decembro de 2019 | 1/16 de final Copa do Rei 2019/2020 | NPA 2-3 OPA (tras prórroga)


·24 de novembro de 2020 | 1/16 de final Copa do Rei 2020/2021 | NPA 5-1 OPA

·13 de novembro de 2021 | J11 Segunda División 2021/2022 | NPA 6-0 OPA


·19 de marzo de 2022 | J28 Segunda División 2021/2022 | OPA 2-5 NPA

·17 de maio de 2022 | Final XXX Copa Galicia | OPA 3-3 NPA (penaltis 3-4)


·29 de marzo de 2023 | Semifinal XXXI Copa Galicia | OPA 2-6 NPA

bottom of page