top of page

PREVIA – AMISTOSO | Noia Portus Apostoli FS-SC Braga | A pola revancha na estrea no Mourís

Noieses e bracarenses volven a verse as caras, catro días despois do duelo en terras lusas, cos de Tomás de Dios buscando devolver a moeda no seu debut na casa, este sábado 19 ás 19:00h.

David Pazos conduce o balón ante a presión de Rufino nun adestramento (foto: Manuel Lorenzo)

O Portus Apostoli FS pecha a súa cuarta semana de preparación co primeiro partido diante da súa afección da temporada 2023/2024, nun amistoso que lle enfrontará ao SC Braga, tan só catro días despois da derrota ante o mesmo rival no Campus Gualtar.

Terceiro amistoso desta pretemporada e segundo partido duhna esixente semana, tras a que quedarán menos de dúas para o debut ligueiro en Cartaxena, o próximo 2 de setembro. Por iso, os brancos traballan arreo co obxectivo de recuperar as boas sensacións perdidas en Braga. Tomás de Dios podería contar para este “round 2” con algún dos xogadores que arrastraban molestias físicas, tras facer o propio con Matheus Preá en Portugal.

Un equipo con movilidade, calidade e, sobre todo, intensidade física. Todo iso demostrou ser o SC Braga, ao que tratarán os noieses de darlle a revancha sacando o mejor de si mesmos para anotarse unha boa posta de largo ante a súa xente.

O sábado 19 ás 19:00h empeza unha nova era para un Agustín Mourís desexoso de ver de preto aos seus nesta temporada 2023/2024, a segunda na elite do fútbol sala nacional dunha vila que mantén a ilusión e a ambición.


 


Entradas


ABONADOS

SENTIMENTO: GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de abonado, xa sexa físico ou dixital, na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís.

XERAL, FAMILIAR E ACOMPAÑANTE FAMILIAR*: 5€. *Acompañante familiar maior de 17 anos.

XUVENIL, INFANTIL E ACOMPAÑANTE FAMILIAR*: 3€. *Acompañante familiar menor de 17 anos.

·Posibilidade de liberación de asiento

O abonado/a que non vaia a asistir ao encontro poderá liberar o seu asento tanto no local social do club (Rúa Carcasía, 7. Horario de 12:00h a 13:00h e 20:30h a 21:00h) ou na web noiafs.compralaentrada.com.


NON ABONADOS

XERAL (non abonados maiores de 17 anos): 10€

XUVENIL E INFANTIL (non abonados menores de 17 anos): 5€


Precedentes

·23 de agosto de 2019 | Amistoso | BRA 3-6 NPA

·29 de agosto de 2019 | IV Trofeo Portus Apostoli | NPA 2-2 BRA

·3 de setembro de 2021 | Amistoso | BRA 1-2 NPA

·31 de agosto de 2022 | Amistoso | BRA 2-3 NPA

·15 de agosto de 2023 | Amistoso | BRA 4-2 NPA

bottom of page