Os brancos volverán a Vila do Conde, onde xa xogaron na pasada pretemporada, para testar o traballado ata agora polo novo corpo técnico no parón competitivo.
O partido disputarase este mércores 31 de xaneiro no Municipal de Vila do Conde ás 21:00h, 20:00 hora local.
O Noia Portus Apostoli FS poñerá rumbo este mércores 31 á localidade portuguesa de Vila do Conde para disputar un partido amistoso contra o ADCR Caxinas, actual 6º clasificado da Liga Placard, ás 21:00h (20:00 hora local).
O conxunto noiés regresa a onde xa foi o pasado mes de agosto, en pretemporada, cunha misión similar, a mitad de camiño deste parón ligueiro de 32 días que terminará o vindeiro mércores 14 de febreiro, coa visita do Osasuna Magna ao Municipal Agustín Mourís. A de mañá en Vila do Conde será unha proba de toque á nova metodoloxía desenvolta ata agora nos adestramentos, contra un opoñente duro e competitivo.
Eso puido comprobar o equipo branco do ADCR Caxinas naquel primeiro enfrontamento, que se resolveu cun marcador de 0-2 favorable aos noieses nun duelo igualado ata o final. Tamén foi o caso do todopoderoso Benfica, que caeu ante os vilacondenses por 3-2 en setembro. Esta campaña, o Caxinas aspira a repetir presenza no PlayOff polo título, ocupando ata o seu respectivo parón o 6º lugar na táboa.
Para a volta da competición aínda toca agardar un pouco máis, e antes de que se suceda, é momento de probar os avances realizados durante estas semanas de duro traballo nos adestramentos centrados en cumprir os obxectivos.
O desprazamento
A expedición noiesa sairá cara a Vila do Conde en autobús ás 16:45h da tarde, coa viaxe de volta fixado ao terminar o encontro.
Emisión en directo
O partido non será emitido por ningunha plataforma.
Precedentes
·22 de agosto de 2023 | Amistoso de pretemporada | CAX 0-2 NPA
Comments