top of page

Cinco semanas e catro partidos na pretemporada 2025/2026

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Jul 21
  • 1 min read
ree

Luns, 21/07/2025 · 18:30h | O bloque de David Palmas realizará a súa primeira sesión o vindeiro luns 28 pola tarde.


O Noia Portus Apostoli FS 2025/2026 botará a rodar dentro de sete días. O luns 28 de xullo pola tarde David Palmas dirixirá a primeira sesión do curso co seu nova plantel, nunha pretemporada que se alargará durante cinco semanas e na que se disputarán un total de catro encontros amistosos, incluído o VIII Trofeo Portus Apostoli ante o tricampión de Europa, Illes Balears Palma Futsal.


O primeiro dos partidos chegará, tras 21 sesións ás costas, o martes 12 de agosto contra o ADCR Caxinas portugués en Bueu. Catro días máis tarde, duelo dos galegos de Primeira ante O Parrulo Ferrol FS en Bertamiráns. O sábado 23 de agosto os nosos recibirán a visita dun rival de altísima categoría como é o SC Braga luso. O punto final á pretemporada producirase co VIII Trofeo Portus Apostoli. O venres 29 os brancos mediranse co tricampión de Europa, o Illes Balears Palma Futsal, nun duelo estival xa clásico, que lles permitirá calibrar as últimas sensacións previas á estrea ligueiro, fixada para a seguinte fin de semana, o 6 ou 7 de setembro, na pista do Quesos El Hidalgo Manzanares FS.


Todos os detalles de horarios, así como posibles cambios de data dos partidos amistosos, serán desvelados nos vindeiros días polas distintas canles de información do Club.

Comments


bottom of page