top of page

Presentado o VI Trofeo Portus Apostoli

A sexta edición do Trofeo estival enfrontará a Noia Portus Apostoli FS co Eléctrico FC portugués este sábado 26 ás 20:00h no Agustín Mourís.
Entradas á venda na web noiafs.compralaentrada.com.

Os asistentes á presentación posan coa copa e o cartel do VI Trofeo Portus Apostoli (foto: Manuel Lorenzo)

O salón de plenos da Casa do Concello de Noia acolleu esta mañá a presentación do VI Trofeo Portus Apostoli, que enfrontará ao conxunto noiés co Eléctrico FC este sábado 26 de agosto ás 20:00h no Municipal Agustín Mourís, coincidindo con plenas Festas Patronais de San Bartolomeu.

Ao acto asistiu en representación do club Javier Barreiro, director xeral, e por parte da corporación municipal fixeron o propio Santiago Rodríguez, concelleiro de Deportes, Laura Salgado, concelleiro de Obras e Urbanismo, e Iván Lorenzo, concelleiro de Educación.




Abreu a comparecencia Rodríguez, invitando a todo o mundo que se achegue a Noia “a presenzar o partido, que seguro será moi bonito e disfrutarán con el”. A súa homóloga en Obras e Urbanismo asegurou estar “encantados de poder celebrar un partido de categoría internacional, un espectáculo de fútbol sala de moita calidade” e aproveitou para desexar sorte ao Portus Apostoli nesta nova temporada que está a punto de comezar.

Pola súa parte, Barreiro deixou claro o “orgullo” que sente a entidade por “estar no cartel das Festas Patronais do noso pobo d ser un atractivo para habitantes de Noia d comarca, ademais dos turistas”, para finalizar con agradecementos ao Concello de Noia “pola colaboración e as personas que traballan día a día” e aos medios de comunicación por “darnos este seguemento que para nós é tan importante”.

Entradas

Á venda na web noiafs.compralaentrada.com e, se quedarán dispoñibles, na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís o sábado 26 de agosto a partir das 18:30h.

コメント


bottom of page