Venres, 20/09/2024 · 16:20h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Esta mañá presentouse a 7ª edición do torneo amistoso, no que Illes Balears Palma Futsal, actual bicampión de Europa, e RSC Anderlecht, equipo dominador en Bélxica, acompañarán ao Noia do 27 ao 29 de setembro.
O Noia Portus Apostoli FS volve a casa cunha cita de gran entidade. Esta mañá no salón de plenos da Casa do Concello de Noia presentouse o VII Trofeo Portus Apostoli, no que Illes Balears Palma Futsal e RSC Anderlecht conformarán xunto ao equipo noiés un torneo de altura continental, que se disputará en formato triangular cun partido cada día do venres 27 ao domingo 29 de setembro no Municipal Agustín Mourís.
Santiago Rodríguez, concelleiro de deportes, e Laura Salgado, concelleira de relacións institucionais, acompañaron por parte do equipo de goberno noiés a Javier Barreiro, director xeral do Noia Portus Apostoli FS, no acto.
Salgado declarou sentirse “encantados por volver a acoller na nosa Vila este Trofeo” e agradeceu “o traballo do Portus Apostoli para levalo a cabo, sempre é un éxito e este ano tamén o será”. Pola súa parte, Rodríguez animou “a todo o mundo a acudir a este gran espectáculo”. Pechando o acto, Barreiro destacou que “cremos que é un dos tres mellores torneos de pretemporada que se vai a vivir este ano en España”, con “xogadores e equipos de grandísimo nivel” e quixo dar as grazas tanto a “Illes Balears Palma Futsal e Anderlecht polas súas facilidades para poder traballar e cadrar datas” como ao Concello de Noia “pola súa colaboración para sacar este Trofeo adiante”.
Imaxes: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Horarios dos encontros
·Noia Portus Apostoli FS – RSC Anderlecht | Venres 27 set. | 20:30h
·Illes Balears Palma Futsal – RSC Anderlecht | Sábado 28 set. | 18:30h
·Noia Portus Apostoli FS – Illes Balears Palma Futsal | Domingo 29 set. | 18:30h
Entradas xa á venda
Xa están dispoñibles as entradas para gozar dos tres encontros de altísimo nivel que protagonizarán o VII Trofeo Portus Apostoli.
Como se especificou no lanzamento da campaña de abonados e na Asemblea Xeral de abonados celebrada en xuño, o VII Trofeo Portus Apostoli NON está incluído no prezo do abono, é dicir, NINGÚN ABONADO TEN ENTRADA NIN ASENTO RESERVADOS. Tampouco os abonados Sentimento, que pagarán un prezo reducido.
Entradas por partido
Xeral (maior de 16 anos): 15€
Mozo (menor de 16 anos): 8€
Sentimento (para abonados Sentimento): 10€
Packs VII Trofeo Portus Apostoli (inclúe os 3 partidos)
Pack Xeral (maior de 16 anos): 35€
Pack Mozo (menor de 16 anos): 20€
Pack Sentimento (para abonados Sentimento, SÓ DISPOÑIBLE NO LOCAL SOCIAL): 25€
Mecanismo para mercar o Pack Xeral ou o Pack Mozo na web.
Á venda en noiafs.compralaentrada.com/eventos (a excepción do Pack Sentimento) en cualquera momento e tamén no Local Social do Club, de luns a venres en horario de 12:00h a 13:00h e 19:30h a 20:30h.
Comentários